_
_
_
_
Luces

Nacionalismo, revisión "urxente"

"A Fraga ninguén podía chamarlle antiespañol", recorda o historiador Xosé Manuel Núñez Seixas. "Agora, minorías organizadas como Galicia Bilingüe puxeron en perigo ata a reinterpretación da tradición galeguista da súa época". O autor d' O inmigrante imaxinario ou ¡Fuera el invasor! Nacionalismos y movilización bélica durante la guerra civil española (1936-1939) fala de identidade nacional. O problema non é conceptual: "Nas vellas enquisas do CIS, os que se declaran máis galegos ca españois aboian entre o 15 e o 20%. Non crer na independencia tamén é un problema do país". Sen obviar o peso "do que vén imposto" -o pacto identidade por progreso na construción dunha mentalidade estatal galega, a través da actitude dos xornais propios, foi estudado por Manuel Veiga-, Núñez Seixas céntrase no ámbito do posible. "O nacionalismo galego precisa un aggiornamento teórico urxente, anque eu agora non vexo quen pode facelo". No recordo do paso do nacionalismo pola Xunta, rescata só a etapa final na que "houbo proxectos con contidos cívicos, na liña do soberanismo peninsular". Segundo o historiador, pensar neste momento desde fóra equivale a investigar, por exemplo, "qué significa ser galego para os que din sentirse 'moi españois". As emocións non son material estable, así como Bautista Álvarez -di- "é do Real Madrid".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_