A cultura horizontal
Estaleiro é a primeira editora en apostar polo 'copyleft'
Trinta ou corenta persoas interesadas "en producir cultura libre". Esas foron as condicións de nacemento de Estaleiro Editora, o único proxecto editorial galego que refuga os dereitos de autor tal e como se entenderon até agora. "Utilizamos licenzas libres de edición porque así resulta máis doado", resume Vítor Suárez, membro fundador de Estaleiro, quen engade: "Evidentemente, hai unha cuestión ideolóxica; todos os socios da editora compartimos unha visión crítica sobre a lexislación actual sobre a propiedade intelectual". "A liberación cultural baseada no copyleft", funcionamento asembleario ou espazo á marxe "da literatura e o pensamento subsidiado" con tres libros na rúa poden conformar, segundo os seus traballadores, unha definición aproximada da actividade de Estaleiro. O proxecto presentouse en Santiago de Compostela o pasado mércores.
Queren ficar á marxe "da literatura e do pensamento subsidiado"
Malia a que historia da editorial arrinca en 2005, non foi antes de febreiro deste ano que Estaleiro botou o seu primeiro barco. Plan de fuga titulou Alberto Lema (Vimianzo, 1975) os seus poemas para o experimento. Apenas tres meses despois, o propio Lema publicaba Unha puta percorre Europa, simultaneamente en Galaxia (galego) e Caballo de Troya (castelán). Rubén Ruibal, premio Nacional de Literatura Dramática en 2007 con Limpeza de sangue, tamén agardaba quenda de edición no Estaleiro: Fume e, con Carlos Losada, Insomnio. A revolução pendente. Feminismo e democrácia, de Carlos Diegues, completa, na altura, o catálogo. "Son tres obras moi diferentes en xéneros e contidos [poesía, teatro e ensaio]", argúe Vítor Suárez, "pero detrás pódese advertir certa ideoloxía". O aparente olfacto editor é relativizado por Suárez: "Nas decisións só pesa o gusto da asemblea; evidentemente, o gusto ten que ver coa ideoloxía".
"Non temos vocación de zapadores, nin de encher ocos", asegura. Estaleiro parece situarse fóra da retórica sobre a denominada "normalización do sistema literario". "O único que pretendemos é producir cultura dun xeito horizontal, non empresarial", afirma, "e tampouco queremos ser unha grande editora para consagrar autores, senón proporcionar oportunidades para entrar no campo cultural". O abaratamento da mediación tecnolóxica -"o proceso dixital facilita a edición enormemente"- contribúe á peculiar estructura de funcionamento de Estaleiro. E, malia á que as tiraxes iniciais de libros na editora son reducidas, 250 exemplares, o abandono da técnica offset permite a reimpresión sen custo engadido. Os títulos de Estaleiro poden descargarse de balde na web.
"Estaleiro non exerce violencia simbólica sobre os autores que non aceptan a normativa legal do galego", oufánanse dende o proxecto editorial. A revolução pendente, o achegamento do profesor Carlos Diegues (Bueu, 1978) a unha teoría do feminismo igualitario, publicouse en portugués. "Ademais de que podemos publicar autores directamente en portugués"
[sairá Subúrbia Duas estações, poemas do brasileiro Óscar Mourave], explica, antes de analizar: "Se publicamos a un escritor reintegracionista, ten máis posibilidades de chegar a posicións centrais que se publica nunha editora estritamente reintegracionista". Na planificación inmediata de Estaleiro, amais de Mourave, figuran o Manifesto contra o traballo, do grupo alemán Krisis, o teatro de Marcos Abalde (Vigo, 1982), Canibalismo, os relatos de Moncho Iglesias (Vigo, 197A4) Tres cores e Máquina de guerra, o primeiro libro de poemas de Raida Rodríguez (Ourense, 1980).
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.