_
_
_
_
Análisis:BOTELLA AO MAR | Luces
Análisis
Exposición didáctica de ideas, conjeturas o hipótesis, a partir de unos hechos de actualidad comprobados —no necesariamente del día— que se reflejan en el propio texto. Excluye los juicios de valor y se aproxima más al género de opinión, pero se diferencia de él en que no juzga ni pronostica, sino que sólo formula hipótesis, ofrece explicaciones argumentadas y pone en relación datos dispersos

Teatro, paisanos e señoritos

POR QUE todo creador fai o camiño desde á frescura á densidade? (Non hai por que contestar, ben máis é unha pregunta retórica que outra cousa)

IMPOSTORES: O teatro barroco, Shakespeare ou Calderón, móstranos a vida entendida como unha representación. Segundo iso somos visitantes, okupas, actores, impostores a representar cada un súa vida.

É A SENSACIÓN, o sentimento de que o verdadeiro é o pasado.

PEQUENA MAXIA: El vaina tapando co paraugas, vai atento a cubrila ben, un pouco inclinado, acaroado mais sen tocala.

Á fin, cambia de lado e pousa unha man delicada, sen que pese apenas, nun costado dela! (Hai pequena maxia en certos momentos)

OS 'PATOISE' FAN PATÉ. Moitas cousas exquisitas fainas a xente ruda, para deleite dos finos. Os cosmopolitas gustan dos produtos paisanos e os logros máis sofisticados danse na agricultura.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

TAMÉN VIAXAR EMBRUTECE. Iso de que viaxar abre as mentes é certo en parte, mais tamén viaxar de máis nos atordoa e embrutece:

-Estivo xa antes hospedado aquí o señor?

-...Non sei. Coido que non.

-Si. Vexo aquí no ordenador que estivo.

-Ah.

O HOME-BALA: Extraña profesión, pasmosa vocación, ser proxectil que mata e se destrúe. Kamikaze. Sempre haberá homes-bala para desacougo e fascinio de quen os contempla.

UN FILME BO fainos mellores. Saímos do cinema como envoltos nunha benzón, nunha aura onírica, máxica.

PENSO EN ESPAÑA mentres conduzo, vindo do Sur cara Madrid, entre Villanueva de Franco e Llanos del Caudillo. Penso en España, si.

O FASCISMO español é tan descarado, ten tanta naturalidade (Te es tan nuestro).

O SEÑORITO na vez de merecer o desprezo público segue a ter prestixio.

miren se non para Cañete, o mesmo que, sendo ministro de Agricultura, comía na vitela en Guadalajara cando afundía o Prestige e dicía que non había marea negra. Atentos a Cañete pois quere camareiros como os de "antes", castizos que saiban falar de fútbol e touros, e limpabotas axeonllados mentres el arrouta e fuma o puro no casino.

"ANTES", con Franco, cando Mayor Oreja vivía tan ben. A xente normal son eles, os señoritos do casino. Os demais non somos normais. Non somos, só son eles.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_