_
_
_
_
Reportaje:FEBRE DE CINE | LUCES

Na procura do gran festival

Os certames cinematográficos de Santiago e Ourense debaten sobre o seu futuro

O mes de novembro é o momento para as dúas citas máis importantes do cine en Galicia. O vindeiro martes comeza en Santiago Cineuropa, un certame que alcanza a súa 21ª edición e que está a considerar un posible salto cualitativo para mudar o seu actual carácter de Mostra e dotarse dunha sección competitiva para obter visibilidade no panorama estatal. Tamén é tempo de mudanza no festival de Ourense, cunha nova dirección que apenas tivo tempo para afrontar a edición deste ano, que se celebrará a partir do 17 de novembro. O novo equipo do festival prepara cambios importantes para 2008 e aspira a que a cita ourensá tamén conte con máis repercusión.

As opinións sobre a necesidade de contar cun gran festival de cine en Galicia son diversas dentro do sector aínda que predomina a idea de que resultaría convinte para chamar a atención sobre a importancia da industria audiovisual galega. Semella paradóxico que non exista na comunidade un evento cinematográfico das características dos que hai no País Vasco ou Castela e León, que contan con festivais da talla do de San Sebastián e a Seminci de Valladolid, respectivamente, malia a que o seu sector audiovisual non ten a forza do galego. No que coinciden a maioría das voces é que para contar cun gran acontecemento cinematográfico en Galicia sería necesaria unha importante dotación económica do erario público, como ocorre con outros festivais.

Hai unha crise que fai necesario definir cara a onde se quere avanzar "Un gran festival poñería a Galicia no mapa e movilizaría ao mercado"
"A iniciativa debe partir do sector, pero é precisa vontade política" "Talvez poderiamos crear algo distinto na animación, onde hai menos festivais"

Os presupostos dos certames de Ourense e de Cineuropa non chegan ao medio millón de euros cada un, mentres que en San Sebastián se invertiron na última edición máis de sete millóns. Enrique Nicanor, novo director do evento ourensán, considera que existe unha crise nos festivais de cine que fai necesario definir con coidado cara a onde se quere avanzar. "Non creo na necesidade de facer un gran festival ao que veñan algunhas estrelas de cine para pasear por aquí. Ás veces un evento pode ter un pequeno tamaño pero ao mesmo tempo resultar eficaz para conseguir os obxectivos que se marca", explica Nicanor, quen cre que un dos modelos a seguir pode ser o dos países escandinavos ou o de cidades coma Turín ou Tesalónica que contan con certmaes pequenos pero de prestixio internacional.

De todolos xeitos, Nicanor sinala que boa parte do futuro do festival de Ourense se decidirá durante os debates que se celebren durante a edición deste ano. Un dos puntos no que se incidirá cara ao 2008 será a necesidade de fomentar os contactos entre os axentes da industria audiovisual xa que "un festival ten a obriga de servir de plataforma para desenvolver proxectos", apunta o director do certame ourensán, que celebra a súa XII edición baixo o suxerente e descriptivo lema de Reinventando un festival.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Outra das cuestións a estudar é a das datas, xa que Nicanor considera "unha loucura" que as dúas citas cinematográficas máis importantes de Galicia teñan lugar no mesmo mes. "O noso festival e Cineuropa poden coexistir, pero ten que haber coordinación e mesmo habería que procurar tamén as mellores datas para non coincidir con festivais que se celebran noutros puntos de España", explica Nicanor.

Cineuropa mantén este ano a súa condición de gran escenario para amosar as películas que aínda no se estrearon comercialmente aínda que xa foron distinguidas pola súa calidade nos festivais europeos. Na cita deste ano poderán verse as novas películas de realizadores coma Ken Loach, Claude Chabrol, Brian de Palma ou Paul Haggis. José Luis Losa, director de Cineuropa, sinala que se esta a estudar a posibilidade de que a cita compostelá teña en vindeiras edicións unha sección oficial como acontece nos festivais tradicionais. "Un gran festival poñería a Galicia no mapa e ademáis movilizaría ao mercado porque nestes eventos se facilita o intercambio de produtos audiovisuais", explica Losa.

A maior dificultade para a posta en marcha deste proxecto é presupostaria. Losa estima que só podería resolverse coa implicación dos poderes públicos. Ao seu xuízo, en Galicia só hai espazo para un gran festival e Santiago é o lugar "máis axeitado" para facelo pola proxección exterior da cidade. Apunta que o certame tería que ter un presuposto medio e non perder a compoñente de "transgresión" que se bota en falta noutras citas cinematográficas. A Cidade da Cultura podería ser un dos espazos a utilizar se o proxecto chega a facerse realidade. Respecto á coincidencia de datas co festival de Ourense, Losa sinala que é un "despropósito" e mostra a súa disposición para dialogar e chegar a un acordo, aínda que lembra que Cineuropa cumpre 21 anos e sempre se celebrou no mes de novembro.

A productora executiva da compañía Adivina Produccións, Susana Maceira, vería ben que Galicia contase cun festival importante xa que reúne as condicións axeitadas para facelo. "Debería ser unha iniciativa que parta do sector pero ten que haber vontade política para levalo a cabo. Non se pode falar de organizar un evento destas características se non se ten o diñeiro para afrontar o proxecto con garantías", apunta Maceira, quen destaca o beneficioso que sería para os productores galegos contar cun festival na comunidade para abrir a posibilidade de intercambios comerciais.

O xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela, é, sen embargo, dos que ten dudas sobre a viabilidade de poñer en marcha un gran certame xa que "é unha iniciativa que necesitaría moito diñeiro público e tería que sair dos fondos que agora se dedican as axudas ao sector". "Creo que non sería bó reducir esos fondos", di.

Ao seu xuízo, o máis axeitado sería potenciar os festivais actuais xa que é "complicado" crear un certame novo que chame a atención cando en toda Europa se organizan anualmente máis de 600 eventos deste tipo. "Quizáis onde poderíamos crear algo distinto é no campo da animación xa que non hai moitos festivais especializados neste sector", indica Varela.

Desde a Axencia Audiovisual Galega, Manuel González explica que se bota en falta un festival que sirva de apoio á industria que existe no país e cre que podería celebrarse en calquera lugar xa que cidades pequenas coma Annency ou Sundance conseguiron facer festivais importantes. "E unha cuestión de plantexamentos e de estratexias máis que de tamaño", apunta González.

Das opinións das distintas partes dedúcese que ao sector lle interesa contar cun festival en Galicia máis potente dos que existen, aínda que bótase en falta unha proposta concreta e persisten as dudas sobre o financiamento. Actualmente, a Xunta aporta uns 330.000 euros anuais aos eventos que se celebran en Galicia. A metade dese importe vai ao certame de Ourense, a Cineuropa e ao Play-Doc de Tui.

A necesidade de contar con máis diñeiro público para este fin pode ser a chave que resolva a incógnita.

Amal, a orixinalidade ten premio

Conta apenas con cinco anos de vida pero o festival de cine árabe Amal, que concluiu hai dous días en Santiago, estase a consolidar coma unha das propostas máis orixinais do panorama dos certames cinematográficos galegos e seguramente é o que esperta máis interese dentro e fóra de España. Ghaleb Jaber Martínez, director do Amal, explica que o festival sigue sendo fiel a idea coa que naceu de facilitar o coñecemento da cultura árabe ao público que asiste ás proxeccións.

Unha das chaves do éxito de Amal é que en Europa só existe actualmente outro festival especializado en cine árabe que é o de Rotterdam. Jaber explica que hai varias ofertas de cidades europeas que pretenden funcionar coma unha extensión do festival galego e, ademáis, "ofrecéronnos en distintas ocasións levar o festival a Madrid, pero nos apostamos porque se siga a celebrar en Santiago". O festival non só consiste na exhibición de películas senón que hai un importante apoio aos directores que toman parte, xa que algúns deles contan nos seus países de procedencia cuns medios técnicos moi limitados. A colaboración coa Axencia Audiovisual Galega permitirá que as películas que se viron no festival poidan proxectarse moi pronto en 175 espazos de exhibición de toda Galicia.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_