Luís Seoane vive en Buenos Aires
A fundación do artista recrea a cidade onde residiu e deixou medio cento de murais
"Queríamos amosar quen era Luís Seoane pero visto dende a outra beira do Atlántico, non desde a perspectiva galega coma se fixera ata o de agora. Trátase de traer Buenos Aires a Galicia". Así explica Rodrigo Gutiérrez, un dos comisario da exposición Buenos Aires. Escenarios de Luís Seoane, cal é a intencionalidade dun proxecto que permitirá aos visitantes descubrir varias caras da cidade na que naceu e na que logo desenvolvería boa parte de su traxectoria artística o intelecutal galego. A mostra foi inaugurada onte na Fundación Luís Seoane da Coruña.
O percorrido pola exposición comeza na planta baixa cunha viaxe polos aspectos urbanos, arquitectónicos e culturais de Buenos Aires a través de pinturas, debuxos, fotografías e películas. Reconocidos fotógrafos coma Grete Stern, Horacio Coppola e Federico Ortiz figuran nesta sección na que tamén poden verse obras de Seoane que teñen como tema central a propia cidade.
"Seoane é un artista que é moi coñecido en Arxentina pero aínda estamos no proceso do seu recoñecemento coma unha das grandes figuras da arte neste país. Hai que ter en conta que é o muralista máis importante de Arxentina, tanto polo número de obras realizadas coma pola súa calidade", sinala Rodrigo Gutiérrez.
Na primeira planta do museo atópanse obras de artistas arxentinos ou que residiron nese país entre 1936 e 1979 e que tiveron algún tipo de vencello profesional ou persoal con Luis Seoane. Neste apartado poden verse pezas de creadores moi coñecidos en Arxentina coma Raquel Forner, Héctor Basaldúa, Horacio Butler, Carlos Torrallardona ou Leopoldo Presas, pero tamén de españois coma Rafael Alberti, Manuel Angeles Ortiz ou Laxeiro.
Nesta sección están presentes bosquexos e fotografías que permiten ver os murais realizados por Seoane en Buenos Aires. A posta en marcha deste proxecto expositivo permitiu a realización dun inventario dos murais do artista galego na capital arxentina. En total hai medio cento de pinturas murais repartidas entre edificios públicos e privados. "Un 10% dos murais desapareceron e hai algúns que aínda están en perigo pero a maioría deles atópanse en bó estado. Dá a casualidade que a apertura da exposición coincidiu co fin da restauración dun mural que se atopa no Centro Galicia", explica o comisario. Un dos murais máis coñecidos é o que decora a entrada do Teatro San Martín no que Seoane fixo alusión ao nacemento do teatro arxentino. Este é o mural máis grande que existe nun edificio do país austral.
No claustro da fundación exhíbense reproduccións a gran escala de carteis realizados por Seoane, catálogos das súas exposicións, recortes de prensa e fotografías persoais que amosan esceas da súa vida en Buenos Aires. Tamén se inclúe un apartado adicado á labor editorial de Seoane en Arxentina a través do seu traballo en distintos proxectos vencellados ao mundo do libro e da edición.
A mostra péchase cun documental de 15 minutos elaborado expresamente para esta mostra e dirixido e producido polo cineasta arxentino Miguel Rodríguez Arias. Na cinta inclúense testemuñas persoais de xenta relacionada con Seoane coma Francisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo, Mario Roberto Alvárez, Juana Heras Velasco ou Rafael Squirru. Máis de cinco hora de testemuñas sobre o artista ficarán integrados nos arquivos da fundación grazas a este traballo.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.