_
_
_
_
Reportaje:AQUÍ E ACOLÁ | LUCES

Nunca máis pompas folclóricas

Redes alternativas, que colleron pulo tras a mobilización do 'Prestige', tentan mudar a imaxe de Galicia en Cataluña

En 1975 vivían en Cataluña 89.935 galegos, a metade de Lugo e un terzo de Ourense. Non chegaron moitos máis, pero hoxe en Barcelona habitan oficialmente 72.443, máis de 100.000 contando a área metropolitana. O 4,5% do padrón municipal nunha cidade onde máis do 15% dos habitantes non teñen nacionalidade española. O galego convive en BCN co catalán, o castelán e outras 200 linguas en menor grao de cooficialidade.

"De seguir nesta situación, o galego residente en Catalunya pódese ver definitivamente afastado da súa cultura e ter que optar, como única saída, pola integración plena na cultura oficial catalá. De ser así, estaríamos máis ante un caso de discriminación que de enriquecemento cultural". Isto escribíao en 1991 o empresario Olegario Sotelo Blanco (Castro Caldelas, 1945), residente en BCN desde 1962. As contradicións que expoñía entón o editor ourensán, no ronsel daquel pujolismo integrador que catalanizaba galegos, murcianos, andaluces e, máis ultimamente, africanos do Norte, tampouco as resolveu aínda a gran fábrica de tendencias estatal. E quizais é que a Barcelona, como cidade receptora de culturas diferenciadas, sempre se lle pide máis.

"O descoñecemento é brutal, pero polas dúas bandas", di o crítico Xesús González

"Aquí a Luís Seoane non o coñece nin Deus", afirma Xesús González Gómez (A Rúa-Petín, 1950), prexubilado de Radio Nacional en Barcelona. González, que di ser "dos integrados, non dos asimilados", considera que a visión de Galiza en Cataluña era "a mesma ca en Madrid ata que o Bloque se fixo máis visible". "País de contrabandistas, asasinatos rurais e droga a manta", resume. Desde a súa afección pola literatura sinala que a penas hai traducións ao catalán de Cunqueiro ou Blanco Amor, "cando moitos cataláns mercan os libros de Rivas en galego". "O descoñecemento é brutal, pero polas dúas bandas", di. Non é optimista: "Os xoves galegos que están aquí 4 ou 5 anos adoitan volver para Galiza. E a xente que fica nun país que non é o seu ten que integrarse".

As arestas do artista coruñés Juan Lesta, de 35 anos, son un pouco diferentes. "A modernidade en Galiza non é un valor", di. "E en BCN igual se valora por demais". Desde BCN, onde se reencontrou con Manuel Olveira (actual director do CGAC), puido manipular a imaxe de bandas como Fangoria, Astrud ou La Buena Vida. "A cultura debe ser espontánea. O que non ten sentido é pensar na galeguidade ou non das cousas, porque cando todo se reduce ao idioma é un insulto", di. Para Lesta, que chegou a Barcelona o 19 de novembro de 2002, o día no que se afundiu o Prestige, as curtas de Hai que botalos foron un proxecto "estupendo". "Había traballos bos e malos, pero vin unha iniciativa espontánea de posicionamento e traballo altruísta nunha dirección", opina.

Neste sentido, a peripecia do Prestige tamén tivo algo de catarse. Ao Foro Cívico Galego, en marcha desde 1999 sen subvencións, engadíuselle en 2005, ao abeiro da Plataforma Nunca Máis de Catalunya, Espazo Galego dos Països Catalans. E un ano despois, Rede.cat, unha silveira de máis de 17 colectivos que xa comunica a máis de 1.000 persoas. Máis das que conta hoxe como socios de pleno dereito o Centro Galego.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

"A realidade é que a cultura galega que chegaba á sociedade catalá durante o Goberno Fraga era a do folclorismo de pompas e flores, e esa realidade comezou a mudar", di a economista Eva Méndez, de 28 anos, vencellada a Espazo Galego e Rede.cat. Entre as máis de 50.000 persoas que se mobilizaron en BCN o 11 de decembro de 2002, había moitos cataláns. "Nós agora somos o interlocutor que non había antes coa xente de aquí. Que marchase Fraga axudou, pero tamén nós nos achegamos á sociedade catalá. A emigración dos nosos pais era unha, e consistía en meterse nun centro galego a facer gueto".

Helena González, unha das titulares do departamento de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universidade de Barcelona, fala de "dous tipos de galego". "Os emigrantes da posguerra, ata os 70, e esta xente que vén cada ano a BCN para traballar ou acabar de formarse. Eses veñen coma quen ven a Nova York". A esa minoría as estruturas dos centros galegos non lle serven porque de festas gastronómicas, como di González, "xa veñen cheos". O éxito das redes alternativas explícase por esa necesidade de construír na súa diáspora "unha visión máis actual de Galiza". "Os resultados de Nunca Máis aquí son un espazo novo, outras formas de relacionarse".

A galeguidade visible en BCN xa non se arremuíña arredor só do Centro Galego, o traballo dos xornalistas radiofónicos, a Galería Sargadelos e a histórica produción de Basilio Losada desde a Universidade. Falando de novos espazos, o nome de Vítor Cabral (Quiroga, 1973) está en boca de todos. Cabral anceia sumar as sensibilidades acumuladas ao longo dos anos, algunhas delas reviradas. "Son secretario do Centro Galego para convertilo na principal embaixada de Galiza en Cataluña e recuperar o prestixio que tiña", di. "Hai moitas maneiras de entender a galeguidade, e moitas delas non son as miñas", explica, "pero aspiro a convivir con elas". Cabral, arqueólogo no Museo de Historia, matiza a trascendencia do Prestige. Tras as municipais de 2003, recoñece, "houbo que facer un traballo didáctico moi importante". "Eu preguntáballes aos cataláns por que o PP subira un concelleiro en BCN, se máis dun millón de persoas dixeran aquí non á guerra".

Cabral destaca a riqueza daquelas convivencias de Nunca Máis. "Incorpóranse moitos novos galegos, conviven cos cataláns e autorrecoñécense", di. Relacionar a identidade galega coas moitas que conviven en Cataluña é o experimento da Rede.cat. "De momento somos un punto de encontro , mais as culturas non dependen dos territorios", indica. "É posible facer cousas en relación con Galiza e amosalas no mosaico intercultural catalán. Os grandes referentes do galeguismo están aí, pero non convén coller deles o que nos sexa válido hoxe, non manter as esencias".

O cambio de Goberno influíu. Sen contar as partidas de Emigración, a Consellaría de Cultura investiu 100.000 euros en diversas programacións culturais. Do 11 ao 13 de maio terá lugar o Festival Songaliza, o primeiro ciclo de música galega en Cataluña, no que intervirán, entre outros, Nordestinas, Mercedes Peón, Berrogüetto, Dumbala Canalla ou a Nova Galega de Danz . "Un xeito de amosarnos, Galiza e Cataluña, e concretar esa relación profunda", di Cabral.

Un centro galego sen polbo nin cachelos

En 1923, o mesmo ano que se asinaba a Triple Alianza en BCN, o xermolo emancipatorio de Galeuzca, un grupo de paisanos, encabezados por León Rodríguez, fundaba o Centro Galego de Barcelona (CGB), que naceu coma un casino. En BCN tamén se recolleron Castelao e Suárez Picallo, e alí editaron en 1937 Nova Galicia, o xornal de difusión do galeguismo durante a guerra.

Nas Ramblas, en 1950, lía Cunqueiro o seu poema Rondeau en louvor dunha dona catalana. Ao pouco, Manuel Casado Nieto (pai do poeta Xoán-Manuel Casado), fiscal e secretario do gobernador civil, entraba a presidir o Centro Gallego de Barcelona. Alí deuse acubillo a Celso Emilio Ferreiro ou Neira Vilas, recén chegado de Cuba. Tras unha tempada "de polbo con cachelos", en palabras de Sotelo Blanco, el mesmo entrou na presidencia (1999-2003), dándolle ao CGB un "impulso fundamental", en palabras de Cabral. Para Sotelo Blanco, "ningún destes centros [só en BCN hai 17] ten futuro. A oportunidade é destes rapaces que coñecen a cultura galega".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_