_
_
_
_
Reportaje:DETRÁS DA PANTALLA | LUCES

Unha literatura sen imaxes

Produtores e editores non conseguen corrixir a escasa presenza da narrativa galega no cine

A primeira curtametraxe en 35 milímetros do cine galego foi Retorno a Tagen Ata (1974), do ourensán Eloy Lozano, baseada no relato de Xosé Luís Méndez Ferrín. Tres anos despois, Eduardo Blanco Amor, con moitos problemas económicos á súa volta de Arxentina, rexeitou a proposta de Lozano para facer unha adaptación d' A esmorga. A versión castelá, Parranda, acabouna dirixindo Gonzalo Suárez. "Eduardo estábame vendendo os dereitos ao mesmo tempo que llos vendía a Suárez", lembra Lozano con certo humor.

Porén, a coñecida anécdota non explica a inexistencia dunha versión galega d'A esmorga. Se falamos de longametraxes, só seis relatos galegos orixinais foron levados ao cine, cunha cota variable de produción propia e escasa fortuna comercial. Fuxidos, de Sancho Gracia; A metade da vida, de Raúl Veiga: Romasanta, de Francisco Plaza; O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa; A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda, e Trece badaladas, de Xavier Villaverde, inspiradas máis ou menos libremente en novelas e contos de Carlos Reigosa, Ferrín, Alfredo Conde, Manuel Rivas e Suso de Toro.

Se as adaptacións literarias son un signo de normalidade industrial, e aínda contando que en España non superan o 25% das estreas, non hai solucións doadas. En 2004, a Asociación Galega de Produtoras Independentes e a Asociación Galega de Editores asinaron un convenio bianual coa idea de facilitar a porosidade entre produción literaria e audiovisual. A falta de renovar o convenio, ningunha das obras propostas pola AGE conseguiu o prace dos produtores para a súa adaptación. "É un problema complicado", opina Dolores Ben, da AGAPI. "Moita xente descoñece a súa literatura, e atoparlle unha relación co audiovisual é difícil". O presidente da AGE, Alfonso García Sanmartín, convén en que retomar o convenio é "necesario". A posibilidade de crear "un foro onde se xunten produtores, guionistas e editores" emprázase ata mediados de maio. Actualmente, os dou principais proxectos que haberían trasladar a literatura galega ao celuloide (ambos en produción) son A casa da luz, que guioniza e dirixe Carlos Amil, sobre a novela de Xabier Docampo, e Memorias dun neno labrego, dirixida polo veterano Ismael González. A adaptación do libro de Neira Vilas, que xa superou as 24 edicións, anunciárase en 1992. De 1998 é Un mundo de historias, sete relatos clásicos galegos que se reduciron a catro, en formato de TV-movie. En 2005 estreouse na TVG o primeiro, Pataghorobí, adaptación do conto de Cid Cabido. O terceiro, O bosque de levas, sobre unha novela de Álvarez-Cáccamo, aínda se presenta a semana que vén. "É indiscutible que en Galicia hai un audiovisual en galego e outro en castelán", di Antón Dobao, responsable do proxecto. "En galego ródanse as series". Xosé Xoán Cabanas, produtor d? A casa da luz para Vimbio Filmes, considera que "crer no propio non é aínda un discurso común no ámbito industrial".

A historia de Calzados Lola (concibida como guión, xa era novela cando Videovoz mercou os dereitos, que xa caducaron) sérvelle de reflexión a Suso de Toro, que fala de "prexuízos" mutuos entre literatura e cine en Galiza. "Cando empecei había xente que me criticaba un suposto estilo cinematográfico... A xente do cinema non vén da literatura galega, recluída historicamente nun gueto moi ideoloxizado, senón do mundo da literatura castelá, igualmente ideoloxizado. Só hai dous días que me volveron preguntar por que non emigrei a Madrid".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_