_
_
_
_
Reportaje:DETRÁS DA PANTALLA | LUCES

105 curtas para mudar as longas

As novas axudas e o soporte dixital impulsan un formato cun 90% de creadores individuais

Que se deixase de esixir o apoio dunha produtora para acceder a subvención axudou. Que sexan comisións independentes as que avalían os proxectos, tamén. En 2006, cun orzamento de 510.000 euros só para curtas, Cultura subvencionou 69 dun total de 105 títulos, cun crecemento do 60% con respecto a 2005. Máis do 90% da produción foi realizada por creadores individuais.

Entre eles Pablo Millán, que produce, guioniza, dirixe, monta e compón música. O conxuro (2006), a súa curta de animación en 3D, foi premiada en festivais de Xapón, Turquía e Inglaterra sen subvención previa. Para facer a máis recente Longo sendeiro de pedra percorreu toda Galiza e acabou editando un traballo de reflexión filosófica no ronsel da fotografía por intervalos, pero filmando pedra. O arousán, que vén das Belas Artes, considera "arcaico" o celuloide: "Se a curta só é práctica para a longametraxe desaprovéitanse as súas posibilidades, que son únicas".

"No cine galego falta un relevo desde un discurso visual contemporáneo"

Pola contra, Álex Sampaio (Lalín, 1978), director de Alzheimer ou La buena caligrafía, pensaba adicarse ao cine "con oito anos". "Se se estandarizara a produción de curtas a nivel de exhibición e distribución, un podería pensar en vivir delas", di. Os 7.500 euros do premio do certame Pata Negra de Guijuelo son parte dos ingresos perdidos. "De 25 premios debimos cobrar a metade", calcula. Responsable de dirección de Terra de Miranda, a serie da Galega, en xullo comezará a rodar en Barcelona a súa primeira longa, La sombra del misterio (Continental-Oberon), en formato TV-Movie. A comezos de 2008 hase pór con La pensión, o seu debú autoral.

"Hai historias que non se contan en dúas horas e hainas que exceden os 10 minutos", di o compostelán Jairo Iglesias, de 21 anos, seducido na primeira adolescencia pola Tesis de Amenábar. O autor de Cicatrices (unha terapia de grupo con tres personaxes) e Retrato, co amor polo medio, presenta o luns o trailer d'A rosa dos ventos, ambientada na Costa da Morte.

As axudas para creación en soporte dixital son outro dos cambios. Nos inicios, cando Mario Iglesias, Jorge Coira ou Alber Ponte aínda non xuntaban dez curtas, a única mostra especializada era a de Vilagarcía e a sección das xornadas do Carballiño. Tras o certame de Noia (1998) e o nacemento en 2002 do Festival de Cans, que só admite produtos galegos, abríronse novos espazos en Redondela, Tui, Santiago, Ribadeo, Oleiros, Bueu e Vigo (en maio). O responsable de comunicación de Cans, Moisés Álvarez, apela ao sentido común: "Sería interesante acadar un certo grao de especialización para non pisármonos".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Aínda que todo depende da produción ( "vai gravar cunha cámara mini-DV ou HD ao Sáhara e xa verás", di Sampaio), hai tempo que o abaratamento dos custos e a maior mobilidade dos equipos converteron "o soño en realidade". A maior competencia (cun ordenador e unha videocámara chega) elevará a calidade media das historias, malia os cabos soltos. Millán pensa que se subestima "un pouco" ao público: "Vexo certo sectarismo en moitos festivais estatais, un pouco conservadores".

Para Susana Rei (Pontevedra, 1966), entre Levante e Galiza, desde Chano Piñeiro falta no cine galego "un relevo desde un discurso visual contemporáneo". Premiada en Xapón por Salvem el Botánic. Recuperem Ciutat (1996), ese mesmo ano comezou a traballar nos departamentos de arte de A los que aman e Los lunes al sol. Na súa primeira curta galega, Cousas do Kulechov (2006), imaxina unha invasión bélica das costas galegas e monta ironicamente, coas coseduras ao aire, unha historia que o verifique. "Preocúpame ver como nos manipulan", sinala.

Rei levou tamén a dirección artística d'O ladrón de bonecas (2005), do compostelán Fernando Cortizo, unha das referencias da animación galega canda Juan Pablo Etcheverry, autor d'A flor máis grande do mundo, a partir do conto de Saramago. "Se falamos do nivel galego en animacións stop-motion

[con imaxes fotográficas que imitan o movemento de obxectos estáticos], estamos á altura de calquera en España", di.

Para Juan Lesta, o cambio na xestión das axudas foi "radical". O coruñés, de 35 anos, pasa longas tempadas en Barcelona, onde simultanea a docencia coa videocreación e as instalacións urbanas para a súa produtora, Esferobite. En 2002 ensinoulle algúns dos seus traballos a Manolo Martínez, o cantante de Astrud, e acabou deseñando a imaxe de Gran Fuerza, o segundo disco do grupo catalán. "En Galiza houbo unha seca de tendencias grandísima despois dos 80", di. "Se falamos de formatos experimentais, semella que a TVG aínda paga as gaitas, cando lles chegaba con apoiar de cando en vez algún proxecto arriscado".

Desde outra xeira, Ricardo Llovo, que só rematara a carreira de Imaxe cando se enleou co defunto Antonio Blanco na dirección de La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos (1993), aporta unha distancia preventiva: "Audiovisual galego haino. O que case non hai é cine".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_