_
_
_
_
Reportaje:LUCES

'Indies' galegos, vinilos checos

Novos grupos de rock e 'hip hop' do país imprimen os discos no Leste de Europa

A rota dos vinilos galegos pasa pola República Checa. Nos últimos anos, a febre revival deste tipo de formato levou a que decenas de grupos galegos buscasen calidade e bos prezos á hora de fabricar os seus vinilos neste país. Novos grupos de Santiago, A Coruña, Vigo ou O Grove teñen imprimido os seus vinilos en Praga, pero sen dúbida o núcleo mais importante de adictos ao vello material atópase en Ferrol, cunha morea de bandas que se agrupan arredor dun peculiar colectivo denominado La Fonográfica General(LFG).

Desde hai dous anos, os indies desta cidade reúnense periodicamente coa escusa de facer unha festa e cumprir un obxectivo co diñeiro recadado: gravar singles de vinilo. "Non somos un selo discográfico, nin unha promotora de concertos, somos unha reunión social de xente á que lle gusta a música e o vinilo", explica Rubén Coca, membro de Quant, unha das bandas máis activas de Ferrolterra.

A través desta iniciativa, LFG xa editou os singles de grupos como Bang 74, The Horthie ou Francisco Nixon, membro do grupo La Costa Brava. Na vindeira "reunión social", recadarán fondos para o vinilo doutro novo grupo ferrolán, Lost Psychotics. De cada disco fan tiradas de entre 500 e 1.000 exemplares que, logo venden nas súas festas, e distribúen con éxito por Internet.

"Normalmente facemos os vinilos na República Checa, pero tamén é posible facelos en Ferrol", matiza Rubén Coca. Nesta cidade, na que semella que todos están contaxiados polo andazo do vinilo, está a empresa Surevil, a única de Galicia que ten unha máquina para fabricar masters, "para gravar en vinilo virxe sobre o surco", especifica o DJ Anxo F.S., fundador da empresa. "A maioría dos clientes veñen do hip hop, porque necesitan preparar as bases en vinilo", explica o DJ ferrolán, que xa ten recibido encargos de músicos consagrados como Macaco ou La Excepción.

"A xente do hip hop precisa gravar en vinilo, para poder scratchear" explica Jevi, membro de Malandrómeda, unha banda compostelá que acaba de sacar Chegan tarde, un disco de catro temas cunha tirada de 275 exemplares. Ligado a varios proxectos como Non Residentz ou Juanito Broders, Jevi é outro adicto ao vinilo e, desde hai dez anos, todos os seus proxectos acaban fabricándose na República Checa, "porque traballan ben e resólvese todo por Internet". Para este músico compostelán, "o vinilo é unha ferramenta, pero tamén ten a súa parte romántica".

Esta parte romántica é a mesma que moveu a The Phantom Keys, grupo do Grove, a tirar recentemente en vinilo 1.000 exemplares do seu single In the summer time. "Somos un grupo de onda sesenteira, gravamos o disco de xeito totalmente analóxico e o mellor formato para nós é o vinilo", di o cantante Marcos Mascato. O disco deste grupo garaxeiro, está editado polos coruñeses de El Beasto, un selo que xa ten publicado traballos de grupos como Ultracuerpos ou The Hells, todos fabricados na República Checa. "En España había un par de fábricas, pero creo que xa nin existen, e alí é moito máis barato", indica Alberto Lodeiros, fundador de El Beasto. Lodeiros leva unha década no negocio e calcula que os seus vinilos "se venden nun 80% fóra de España, sobre todo en Alemaña, Estados Unidos ou Australia".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Como ben sentencia Alberte, voz dos composteláns Samesugas e fundador do selo de vinilos Lixo Urbano, "antes que nada, temos espírito de coleccionistas".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_