Penélope e a música galega
Durante os anos oitenta parece fóra de dúbida para todos que a música pop en Galicia acadou uns niveis de repercusión importantes. Eran os tempos daquilo que se deu en chamar Movida e era simultáneo a un proceso similar na música folk que na década seguinte substituíu e superou con creces o espazo que ocupara o pop. Naquela época tiven a fortuna de formar parte d'Os Resentidos, que como maior nota diferencial presentaba a de sermos a unica agrupación que utilizaba exclusivamente o galego nas cancións. Moi de lonxe, eu non deixaba nunca de lembrar o heroico precedente de Goma-2, pioneiros, como grupo, no emprego do idioma e, como solista, por suposto, a Andrés Dobarro.
Nalgunha reportaxe deste mesmo Luces facíase inventario dunha proliferación ben esperanzadora das propostas actuais de pop rock no país e co denominador común dunha alta creatividade, produtividade e diversidade estilística. Amais diso, aquilo que con Os Resentidos era excepcional, o galego, é agora coincidencia de moitos artistas. Unha boa mostra do que afirmo pode ser unha escoita en calquera día da semana do programa Aberto por reformas do amigo Xurxo Souto na Radio Galega.
Nas sombras dese proceso non podo deixar de referirme a que, contrariamente aos oitenta, o coñecemento e incidencia de toda esa música tanto en Galicia como fóra non é o mesmo. Nomeadamente, porque os medios de comunicación non son especialmente permeables á diversidade lingúística pero, e sobre todo, porque cando a música en galego elevou os niveis de produción, creatividade e mesmo de industria (existen agora compañías discográficas galegas que non existían daquela) a crise mundial que padece a industria musical no mundo enteiro pola piratería e os cambios tecnolóxicos está instalada plenamente tamén entre nós. Prodúcese así un paradoxal "efecto Penélope" que tecía e destecía cada día o seu manto esperando por Ulises. Na música galega xa chegou Ulises, pero o manto, é dicir, a industria, xa non está de moda.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Trump asegura que Venezuela le entregará hasta 50 millones de barriles de petróleo
El polvo dentro de los hogares en México es más tóxico que el del exterior y contiene metales pesados
Las autoridades estadounidenses retienen a una diputada de Morena con 800.000 pesos en efectivo
La Operación Frontera Norte detiene a 10.000 personas en menos de un año
Lo más visto
- Lotería del Niño de 2026 | El primer premio es para el 06703
- Estados Unidos amenaza con tomar Groenlandia por la fuerza
- Últimas noticias de Venezuela tras la detención de Maduro, en directo | Delcy Rodríguez sostiene que ningún agente externo gobierna Venezuela
- El abogado que logró la liberación de Julian Assange por el caso Wikileaks representará a Maduro en el juicio por narcoterrorismo en Nueva York
- Xi Jinping se pronuncia de forma velada sobre Venezuela: “Las prácticas de intimidación hegemónica afectan gravemente al orden internacional”




























































