_
_
_
_
PSICOFONÍAS | LUCES
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Literatura en acción

Se cadra, unha das épocas máis felices da poesía europea foi a época medieval, en concreto, a fase trobadoresca cunha especial relevancia en Galicia e Portugal. A poesía estaba vinculada á música e á filosofía pero, sobre todo, ao ocio. Logo veu Petrarca e a poesía se converteu nun xénero libresco. Invoco esta tradición para manifestar o meu entusiasmo pola palabra en acción e en escena como se pode ver estes días ma magnífica exposición Palabras contadas, do escritor Camilo Franco, que se acaba de inaugurar na Fundación Luis Seoane, n'A Coruña.

Camilo amobla os seus textos, un intelixente exercicio de contundente literatura breve, para obrigranos a lelos no contexto dunhas instalacións que nos envolven directamente na idea forza de cada un deles. Por exemplo, un cuarto para evocar unha infancia de febre e absentismo escolar ou un tendal para referenciar a pobreza. Hai posta en escena, pero esa mesma escenografía conleva sen remedio a lectura. Velaí a audacia dunha proposta que utilizando unha linguaxe que xa é habitual nos artistas plásticos mantén aquí o xenuíno do escritor e da literatura.

Na literatura galega actual hai excepcionais exemplos destas prácticas. Lembro algunhas actuacións de Manuel Rivas, sei que algo anda facendo coa imaxe Yolanda Castaño, nesa liña traballou o colectivo Ronseltz e Carlos Santiago vinculados á Sala Nasa e atreveríame a incluír aí, humildemente, o que fixemos desde o grupo Rompente e eu tratei de continuar individualmente. Colaborar na fuga das palabras dos libros é un acto libertario e para nada unha modernez senón a restitución e actualización da mellor tradición poética. Se Martin Codax vivise hoxe tería un grupo de hip hop.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_