_
_
_
_
Tribuna:LUCES
Tribuna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las tribunas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Equilibrios na liña fina

A risco de parecer apocalíptico ante tanto discurso benevolente, mostrarei nesta especie de estado da cuestión que se me pide a miña preocupación polo declinar constante da arte contemporánea en Galicia, e polo tanto da posible exterioridade ou viabilidade da arte nova. O meu artigo e a miña opinión non varía moito do que escribín para a revista Tempos Novos hai un ano e medio nun artigo que titulei Galicia. O lugar onde ninguén fala, ou máis asiduamente na revista Grial. Así, o meu primeiro pensamento continúa a ser de absoluta decepción, porque no lugar da palabra, no noso panorama artístico prima e prímase o silencio, a espera calada; debatemos as posibilidades da arte nova nun lugar onde os críticos, os comisarios, os responsables de exposicións e os organismos como o Consello da Cultura Galega só se preocupan de non quedar mal con ninguén, pero as preguntas continúan a ser as mesmas e, o peor de todo, os vicios e as desmesuras tamén.

Nun país onde algunhas coleccións institucionais locais ou rexionais presumen de ser as mellores (en Galicia soamente algúns privados e o CGAC teñen coleccións de interese internacional), onde nos atopamos con bolsas que funcionan fiscalmente como premios e con responsables de importantes institucións que falan directamente cos artistas obviando o sistema de galerías para abaratar prezos, asistimos a un cada vez maior desprezo para o profesional da arte e para as traxectorias (enumeren senón cantos titulados en arte ou Belas Artes gozan de postos de responsabilidade nalgunha das nosas institucións ou que pasa cos artistas cando supostamente deixan de ser novos). Así falar da arte nova, unha e outra vez, é como falar de fútbol nun telexornal, unha Operación Triunfo preparada para non debater os verdadeiros problemas que esganan un sistema que vive agonizante esperando o soro con forma de subvención.

Moitas veces apostar pola arte nova consiste en enumerar unha serie de nomes que agachan unha falta de definición de quen o fai (un xa cometeu moitas veces ese erro). Pero iso tamén é xogar a xerar certa expectativa, unha virtualidade que lonxe do proteccionismo inicial non é para nada real; e senón vexan os nomes que se repiten dende hai anos como arte nova: practicamente continuamos cos mesmos de hai seis anos. Pero, ¿quen deles é capaz de vivir exclusivamente da arte?

A verdade é que resulta complicado avanzar nun lugar onde o intelectual ou o director de museo xoga a facer o mesmo papel do político. Esa sorte de pleitesía ao poder, que torna a maior parte dos responsables de institucións en monicreques maleables, corre o risco de converter ao artista nun simple funcionario e aos comisarios en meros administradores. Se as políticas de produción consisten en dotar de medios a media ducia de artistas para que desenvolvan os seus proxectos durante anos deixando ao restante sector artístico á marxe e sen apoios, pois mellor estabamos sen esa política que ao final é máis unha produción de amigos. E iso, baixo o meu punto de vista, contamina a un CGAC actual que esmorece criticamente sen que ninguén se atreva a dicilo en público; a falta de política cultural ou artística en moitos casos favorece, ou polo menos permite, as estratexias, pero o exceso desa política, lonxe de potencialas, aniquila calquera proposta que non sexa oficial.

No 2007 os aficionados a arte contemporánea terán que desprazarse a espazos como a Fundación Caixa Galicia ou o MACUF se queren ver exposicións individuais de artistas internacionais cun certo peso e traxectoria. Todo, mentres o MARCO de Vigo sobrevive con mostras colectivas afogado por un orzamento complicado e, non me queda dúbida, como patiño feo sen arte nin parte no discutible e derrochador Proxecto Edición, maquiavélica idea que no canto de unificar propón, máis que nunca, unha estrutura inxustamente piramidal. A Fundación Pedro Barrié de la Maza continuará na súa liña que ocasionalmente roza o contemporáneo e espazos de baixo presuposto como o Auditorio de Galicia, seguramente, terán algo que dicir ante este deserto do real. Mentres, quédanos a boa noticia de que o principal dos nosos pensadores, Alberto Ruiz de Samaniego, fará historia para Galicia ao ser comisario do pavillón español na próxima Bienal de Venecia (unha sorpresa xusta para quen moitas veces foi obviado pola nosa estrutura institucional); algún artista galego acompañarao e teremos que celebralo.

E nesta altura do meu artigo algún dirá que pouco falei de arte nova en Galicia, pero un pensa que lendo entre liñas pódense diagnosticar moitas cousas. Pero se piden nomes podería falar de potencial (Rubén Ramos Balsa), de solidez (Álvaro Negro), de posibilidades (Antía Moure), de sustento teórico (Suso Fandiño), de proxecto (Mónica Alonso), ou de que iso de artista novo non é unha cousa de DNI (Diego Santomé). A lista, naturalmente, podería ser maior pero, tal vez, antes deberiamos reivindicar a figuras abandonadas doutras xeracións como Manolo Paz (a espera dunha individual que lle faga xustiza) ou a resistencia pioneira de Manuel Vilariño. Entre tanta fisura comeza a ser difícil falar de arte nova.

Perdoen, sobre todo artistas novos, este texto pesimista, pero así vexo as cousas e un non quere significarse como un cómplice máis, porque o tempo corre máis do que todos pensamos e neste circo de palmadas nas costas un prefire saír antes de entrar e ter que facer equilibrios na liña fina, perigosos para o presente e o futuro da arte en Galicia, seguramente máis do que pensan.

David Barro é crítico de arte e editor da revista Serendipia

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_