_
_
_
_
Entrevista:MARISOL LÓPEZ | LUCES

"É fundamental recuperar o uso do galego na escola"

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, declárase moderadamente optimista. "O diagnóstico sobre o estado da lingua é, en primeiro lugar, positivo", explica. Pero axiña puntualiza esa óptica: "É positivo porque aínda estamos a tempo de recuperar o galego como idioma habitual de Galicia". O principal problema, que xa reflectiu o último informe do Consello da Cultura Galega sobre a situación social da lingua, reside na perda de uso sobre todo entre a xente nova. O idioma maioritariamente falado no país segue a ser o galego.

"Hai unha franxa de idade, a máis moza, na que diminúe o emprego do galego", asegura a secretaria xeral de política lingüística, "e, sen embargo, non as competencias". Os esforzos normalizadores do Goberno galego deben dirixirse, segundo López, a estas capas da poboación. As campañas que a Secretaría proxecta para o ano 2007 enfócanse, esencialmente, á xente nova. "A partir de xaneiro, desenvolveremos unha campaña dirixida aos pequenos de entre 0 e 6 anos", adianta a titular de Política Lingüística, "nunha acción conxunta da Consellaría de Educación e a Vicepresidencia de Igualdade". Os populares personaxes do debuxante Pepe Carreiro, Os Bolechas, tentarán conducir os cativos galegos cara ao idioma. "É fundamental recuperar o uso do galego dentro da escola, para que logo saia fóra dela", afirma Marisol López.

Amais da transmisión do idioma entres as xeracións novas, a outra tarefa que se impón Política Lingüística consiste en que "toda a sociedade asuma o prestixio da lingua de Galicia". "Unha lingua é un xeito de ver e expresar o mundo", opina López, "e que se perda é unha traxedia". En definitiva, trátase de loitar contra o autoodio: "É triste estar falando cunha persoa, en galego, e que che diga 'o galego non vale para nada'. Contra iso hai que traballar".

Galicia sempre estivo nun cruce de camiños. Dous dos sistemas lingüísticos máis importantes do mundo comparten fronteiras coas lindes autonómicas de Galicia. "O feito de coñecer e usar o galego", opina a secretaria xeral, "permítenos unha comunicación fluída cunha comunidade lingüística fundamental, que é a portuguesa". López estende a súa argumentación: "Dende o Goberno galego debemos facer por convencer a xente de que, se estamos nun lugar no que existen dúas linguas, movernos nas dúas é positivo en todos os sentidos".

López concibe sociedades bilingües. "Coñecemos os exemplos de Suíza, ou mesmo do Quebec, e hai tensións, pero sen dúbida é posíbel unha sociedade bilingüe", concreta. Con todo, o futuro que López prognostica para Galicia confórmase de individuos "xa non bilingües, se non tri ou catrilingües". "O que non quere dicir", apunta a responsábel de Política Lingüística, "que non defendamos o galego como a lingua propia de Galicia".

O porvir do idioma aparéceselle a López como "esperanzador". O feito fundamental na historia da lingua galega foi, para a secretaria xeral, "que o galego entrase nas escolas". "Os que temos algúns anos", di, "sabemos, temos a experiencia da prohibición, da non valoración, da non presenza no sistema educativo". "O que temos por diante é esperanzador", remata López.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_