Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra
Reportaje:LUCES

Os libros más 'baixados'

Obras galegas publicadas na Rede acadan unha difusión impensable nas librarías

O primeiro libro de Marcos Lorenzo, Liquidación de existencias (Difusora de Letras, 2005), non vendeu máis de 175 exemplares nos seis meses que leva na rúa. Pero entre decembro do ano pasado e xuño de 2006, fixéronse con el máis de 6.000 persoas, segundo o autor, pola vía de descargar gratuítamente a edición dixital en formato pdf. De seren vendas físicas, Lorenzo teríase convertido no debutante de máis éxito comercial da historia da literatura galega, multiplicando por catro as vendas semanais de -por exemplo- A terra quere pobo, de Xosé Luís Barreiro Rivas.

"Eses seis meses foron o tempo no que estivo dispoñible a obra no servidor de arredemo.org

[a rede de acción sociocultural], ata que este se bloqueou", di o economista e antropólogo coruñés. O seu libro, que cómpre inserir nunha caste de literatura breve pouco frecuentada en Galicia, xa se pode descargar desde culturagalega.org. "Foi unha pasada", di, "eu especulaba se habería algún colega baixando o texto máis dunha vez, pero non ten sentido".

Á difusión do libro contribuíron tamén as referencias en nodo50.org, rebelion.org, na Asociación Portuguesa de Antropoloxía ou andelvirtual.com, ademais das boas críticas na prensa xeneralista. Lorenzo considera que o papel e a rede "son vasos comunicantes". "Ao funcionaren os medios convencionais como funís da visibilidade social, a horizontalidade abre posibilidades nun e noutro sentido", engade.

Sobre a edición dixital distribuída baixo as licenzas de propiedade intelectual Creative Commons (CC) -que permiten desde a copia e a difusión ata prescindir da autoría-, afirma que "difícilmente substituirá á tradicional, anque seguirá medrando, como a publicidade. Aínda hai moitas eivas no desenvolvemento tecnolóxico". Galicia, con menos dun fogar de cada tres (29?6%) con acceso a Internet, só supera a Extremadura na clasificación autonómica de penetración da rede.

Como editor analóxico, Manuel Bragado (Xerais) afirma que convén "asumir as novas posibilidades". "Paréceme que o fenómeno [as descargas de libros na rede] é alentador para o futuro da edición, e obedece á fascinación que produce o medio", di. Máis futuro observa "se aproveitamos as posibilidades da literatura electrónica".

Outra cousa é xerar benec".

A xornalista María Yáñez inaugurou en novembro de 2005 a primeira editorial dixital galega, Ediciós da Rotonda, para espallar contidos literarios e audiovisuais de libre distribución. Ata o momento, ocupa o andel virtual a novela O home inédito, a primeira de Carlos Meixide, descargada máis de 1.500 veces. Facilitar a distribución de copias derivadas serviu para que canalpda.com fixese unha versión da novela para móbiles e axendas electrónicas.

"Unha cousa é mercar o libro, e outra lelo", di Yáñez. Non se dan aquí as condicións dun conflito entre best-downloaded (máis baixados) e best-sellers, como o que chegou a enfrontar ao gran buscador de libros de Google co novelista estadounidense John Updike, quen se puxo de parte dos libreiros para vetar que o seu nome figurase nun índice na rede . "O copyleft non se reduce á distribución, e de aí as reticencias das grandes empresas", lembra a xornalista. Pola súa parte, Meixide -a súa novela tivo unha boa promoción- proxecta a súa utilidade en Galicia "para crear unha cultura máis dinámica e non tan subvencionada nin de autor". "Evidentemente, non me plantexo vivir de facer novelas . Quen vive diso en Galicia?".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 24 de noviembre de 2006