_
_
_
_

Unha conexión virtual monte a través

O Concello da Estrada impulsa unha iniciativa para conectar a todo o municipio

Cando Jesús Conde quere coñecer o nivel de ácidos graxos do leite que producen as súas vacas inicia sesión no ordenador e conéctase a Internet. Aínda que se atope no punto máis remoto da parroquia de Lamas, este gandeiro da Estrada pode acceder aos rexistros da Xunta sobre a calidade do leite e coñecer de forma práctica as análises da súa explotación. “Isto hoxe é indispensable para calquera negocio”, explica Jesús.

A chegada de Internet “fíxolle ben á empresa”. O control que ten a través da rede do leite que producen as súas 100 cabezas de gando outorga valor engadido a unha explotación que presume de vender un producto rico en Omega-3. Estar conectado ao mundo virtual tamén o ten sacado de máis dun apuro. “Hai tres anos rompimos unha peza de maquinaria moi peculiar, unha mangueta, que non había á venda en España. Grazas a Internet atopei unha de segunda man, en Francia e pola metade do prezo á que se vendía no mercado”, explica.

Pero Jesús non se conforma con producir. Quere abranguer toda a cadea de valor do proceso e comercializa o seu leite a través dunha dispensadora informatizada na Praza de Abastos da Estrada, que tamén controla a través da Internet.

A este gandeiro estradense a vida cambioulle desde que en outubro de 2006 o Concello botou a andar a plataforma aestradadixital.com, unha iniciativa situada no marco do Programa Ciudades Digitales. No municipio máis extenso do país hai nestes momentos sementadas 250 antenas que repiten o sinal de acceso á rede, procedente do Edificio de Usos Múltiples do Concello, que alberga a “estrutura neurálxica” da plataforma.Desde aquela, cada vez máis veciños desfrutan de conexión de alta velocidade malia non ter cables. “Multiplicamos a rede por dez desde que comezamos e agora chegamos á práctica totalidade do municipio”, explica Carlos Andújar, o enxeñeiro de telecomunicacións que xestiona a plataforma. Para el o único xeito de extender a conexión por un concello tan grande e cun relevo tan complexo é mediante sistemas sen fíos.

A Internet non só cambiou o mundo do vacún. Tamén o do espectáculo. José Manuel Rodríguez Puente, ou 'Isi', como se lle coñece na TVG, ten máis fácil acceder ao seu traballo. “Antes non había nada, e o pouco que había tiña uns prezos moi altos. Dende hai cinco anos chéganme os guións da tele por correo”.

Ao longo destes ano<TB>s a administración local tamén impulsou a creación de rural-centros, espazos espallados polas parroquias onde os veciños teñan acceso a ordenadores con conexión, e empregou a plataforma para dar pulo ás empresas e comercios do municipio mediante a creación de sitios web.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

A Internet é un claro exemplo de que as cousas “van moi rápido”. Ou iso opina Jesús Conde. El polo momento resígnase a aceptar o ritmo frenético dunha economía globalizada que no sector do leite coñecen ben. “O problema é que do rápido que van, ao mellor chega o día no que eu quedo polo camiño”sentenza. Polo momento, con conexión, será máis fácil resistir

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_