Entre linguas “vivas e actuais”
Cada unha das 30.000 acepcións acompáñanse dunha frase que exemplifica o seu uso, en inglés e en galego
Hai nove anos un equipo do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo púxose a tarefa de cubrir un “histórico” e sintomático baleiro: a inexistencia dun gran dicionario inglés-galego. Desde hai tres semanas, o oco está cuberto e nas librerías está o Dicionario Moderno Inglés-Galego, que, publicado por 2.0 Editora, ofrece a tradución de máis de 20.000 termos que pretenden reflectir unha lingua “viva e actual”, segundo un dos seus artífices, o profesor Alberto Álvarez Lugrís.
Cada unha das 30.000 acepcións acompáñanse dunha frase que exemplifica o seu uso, en inglés e en galego. Este, ao ver de Álvarez Lugrís, é un dos puntos fortes da obra. A diferenza doutros dicionarios, este exemplos non están elaborados ad hoc, senón tirados de textos reais que algunha vez foron traducidos ao galego. Así, obras literarias, revistas especializadas ou películas —estadounidense— constitúen o manancial que nutre o volume, de 1.236 páxinas. De feito, o propio léxico foi extraído desas mesmas obras, orixinariamente para a elaboración do Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo, que se pode consultar na rede de balde, e que derivou na versión electrónica do dicionario, con edicións en 2006 e 2008. Nese labor, realizado mediante programas informáticos, traballaron unhas 25 persoas, moitos investigadores e bolseiros do seminario. Álvarez Lugrís recalca que, sen eses recursos humanos, unha empresa como esta é irrealizable. O traballo de revisión correu a cargo del, de Eva Díaz e do coordinador, Xavier Gómez Guinovart.
Esta metodoloxía, argumenta o lingüista, permite eliminar a distorsión en segundo grao que suporía partir dalgún dicionario inglés-español ou inglés-portugués xa publicado. Pártese das suxestións feitas por profesionais da lingua como son os tradutores, sometidas ao debido control científico. A fórmula permite, ademais, ofrecer unha linguaxe estándar e de uso real, ben no rexistro coloquial, ben no científico. O público obxectivo non se circunscribe só aos escolares de secundaria ou bacharelato —coma o Dicionario elemental de 3.000 entradas de Benigno Fernández Salgado ou outros precedentes como glosarios, listaxes de palabras—, senón a todos os que traballan coa lingua: tradutores, intérpretes, xornalistas, profesores.
No fondo deste enfoque, que incorpora os significados máis recentes das palabras latexa unha idea, que o dicionario, non se converta no panteón da lingua. Álvarez Lugrís constata que as institucións, neste caso a Real Academia Galega, adoitan ser pouco permeables á hora de aceptar novos usos do. “Sempre teñen os seus tempos; nós ese paso queremos obvialo”, sinala.Sobre a razón pola que non había no mercado unha obra destas características, pese a que o inglés hai tempo que é lingua franca global, o coautor é claro: “É un traballo moi caro”. Así, só se podería facer co “apoio das autoridades culturais”. Como as grandes editoras rexeitaron o proxecto, finalmente o Dicionario Moderno saíu do prelo grazas a que Álvarez Lugrís e Gómez Guinovart fixeron a súa parte do traballo gratis, e a que 2.0 Editora se decidiu coa aposta. Tampouco sería viable sen as axudas recibidas de Xunta e Goberno central para as bolsas dos investigadores, e sen o patrocinio da Consellería de Cultura e da Universidade de Vigo para facer unha tiraxe de 500 exemplares a distribuir en centros universitarios, bibliotecas e especialistas. Á venda saíron 1.000 unidades.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.