‘Spanglish’
É o de sempre, cousas de ricos e pobres. A xente galega é inmigrante no seu propio país
Spanglishé un filme norteamericano entre a comedia e o drama, sóbranlle caras lindas e un cuarto de hora de prebe de azucre e con todo... Con semellar banal, trata de asuntos serios e complexos como as relacións de clase, de nais e fillas, o matrimonio, as linguas, a identidade persoal e colectiva.
Aos actores e actrices españois ou sudamericanos en Hollywood téñenlle un lugar reservado. Interpretará n case inevitabelmente a narcotraficantes, chulos, prostitutas ou criados. Nese filme a actriz española Paz Vega interpreta unha abnegada muller mexicana que ten unha filla pequena e traballa de criada nunha casa de norteamericanos ricos. Pódese dicir que é unha historia de ricos e pobres, aínda que no filme formúlase en principio como un choque de culturas. Tanto ten unha cousa como a outra, o conflito que se lle formula á nai e á filla protagonistas ten relación coa súa lingua, o español. A nai aprende traballosamente o inglés como un instrumento para traballar, porén, á súa filla formúlaselle cruamente un dilema: para saír do gueto dos inmigrantes latinos debe renunciar á súa lingua, asimilarse ao mundo anglófono para integrarse e saír da pobreza. É un verdadeiro dilema existencial que na fin do filme a nai lle plantexa á filla, deixa quedar o seu esforzado inglés e pasando ao seu español verbaliza: “É claro. Xa entendo o que che pasa \[...\] Iso é o que queres para ti? Convertíreste en alguén tan diferente de min?”. A catarse da meniña condúcelle finalmente a aceitarse a si propia: “A miña identidade está enraizada firme e afortunadamente nun só feito: eu son a filla da miña mamai”.
O profesor Víctor García de la Concha, ex director da Academia Española e actual director do Instituto Cervantes, fala con intelixencia verdadeira, a que lle permite ver realidades complexas por encima de mixiricadas e tópicos. Hai pouco declaraba: “El español allí \[en EE UU\] tiene un problema común. Está contaminado, estigmatizado por considerársele vinculado a una lengua de inmigrantes que plantean problemas”. Esa é unha realidade social que pode apreciar calquera que teña andado algo por aqueles pagos e non comungue coas rodas de muíño feitas de chovinismo españolista que nos ofrecen os medios de comunicación de por aquí. O español é unha grande lingua que expresa culturas e unha gran literatura, con moito porvir. Tamén é a lingua de millóns de pobres, e os pobres nunca foron ben vistos nas casas ricas.
O que é dobremente triste é cando nunha das nosas rúas ou rueiros unha abnegada nai galega, sempre as nais, deixa de conversar en galego cunha persoa do seu igual e pasa a dirixirse ao fillo ou filla en castelán. Esa mesma lingua que aquí entre nós actúa como actúa o inglés entre os inmigrantes hispanos. Moitos rapaces de hoxe son fillos, netos, bisnetos dese drama íntimo: nais que lle aprenden aos seus fillos a sentir vergoña dos seus pais, da súa lingua, da súa identidade. Non lle hai que dar moitas voltas, é o de sempre, cousas de ricos e pobres. A xente galega é inmigrante no seu propio país, paradoxalmente só se libera cando emigra. Porque non nos queremos, porque nos avergoñamos de nós e porque carecemos do orgullo lexítimo e necesario para existir como pobo e como país. Isto non é un país de emigrantes, somos inmigrantes.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.