Valentía de escritor
A fin do terrorismo de ETA forma parte dun monte de cousas que se van, están para ficar atrás. O terrorismo plantexa dilemas morais e vivenciais tan fortes que xeran impotencia na xente, o País Vasco foi até agora un corpo atado a un pau. Comeza agora a soltar ataduras e respirar, até agora era difícil alí falar con liberdade. Bernardo Atxaga falou a través da súa obra, como fala un escritor. Hai quen sabe nadar e mais gardar na roupa e hai quen camiña no gume da faca, Bernardo sentiuse obrigado a facelo.
Nunca se nos conta a complexidade dunha violencia con tan fondas raíces na sociedade vasca. Outro dos froitos amargos do franquismo, sen ese violento réxime nacionalista español non tería nacido esa resposta nacionalista tamén violenta. Porén, esa violencia nace dunha fonte con veas profundas entre os vascos.
Un le, por caso, que pistoleiros de ETA asasinaron a unha persoa que formaba parte dunha organización pacífica contraria aos terroristas e que esa persoa anos antes militara na propia ETA. Costa imaxinar os demos que se remexen nun país onde a xente vive cousas así, vidas adoecidas e doentes. Sen dúbida, un país de persoas torturadas. Ese lado escuro que non nos contan os medios é para nós inexplicábel, e haino que coñecer tamén para achegarnos ao drama vasco. Iso fixo Atxaga cun sentido do deber e unha valentía inéditas.
Bernardo Atxaga é un escritor de gran humildade, vocación e cun gran talento. Hai vintepoucos anos, un excelente libro seu, Obabakoak, foi un gran suceso literario, iso deulle ao escritor unha boa situación,unhas excelentes expectativas de crítica e público para os libros futuros. Mais no mundo cultural e literario español hai un modo particular de recibir a un escritor vasco en lingua vasca. Aínda que non o digan en voz alta, os medios e os intelectuais madrileños constatan que escribir noutra lingua que non sexa o castelán é unha disidencia política. E levan razón. A máis disto, como o conflicto vasco estivo tan presente entre todos e como foi tamén utilizado como arma na loita política, a un escritor en lingua éuscara pregúntanlle de primeiro por que escribe en vasco e non en castelán e a continuación ten que xurar que é un vasco bueno. Bernardo como cidadán mostrouse contra o terrorismo pero negouse a xurar cousa ningunha e iso foille un obstáculo como escritor. Non só iso, fixo o máis difícil, unha cousa da que non habían gustar uns nin outros, escribir sobre os habitantes dese mundo tan torturado e inquedante. Podería seguir a ser o escritor desas deliciosas narracións de Obabakoak ou Dous irmáns, mais entregou esforzo e anos, o único que teñen os escritores, a escribir unha serie de novelas que foron como un desvío da súa obra para explicarse e explicar aos demais esas vidas, ás que se achegou co máximo afán de verdade.
A novela sempre é novela histórica e un escritor escríbese a si propio e expresa tamén o espírito do seu tempo, mais, aínda que non queira, ten un lazo coa comunidade humana de onde sae. Oxalá o novo tempo permita que afrouxe o lazo de Bernardo e lle dea liberdade.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
La trágica historia de Yohana Rodríguez, una colombiana que murió en los bombardeos de Trump en Venezuela
Aumento a la Pensión para el Bienestar: calendario de pagos y nuevo monto en 2026
Calendario de días festivos 2026 en México: puentes oficiales y descansos escolares
La Administración Trump envía unos 2.000 agentes federales a las Ciudades Gemelas de Minnesota
Lo más visto
- Un juez de 92 años nombrado por Clinton se encargará del juicio a Maduro en Nueva York
- El PP defiende ahora que “hay dudas sobre si se ha infringido el Derecho Internacional” en Venezuela
- Últimas noticias de Venezuela tras la detención de Maduro, en directo | Trump se coloca al frente de la transición política de Venezuela
- Xi Jinping se pronuncia de forma velada sobre Venezuela: “Las prácticas de intimidación hegemónica afectan gravemente al orden internacional”
- Delcy Rodríguez tiene vetada la entrada a la UE “por violaciones graves de los derechos humanos”




























































