_
_
_
_
Reportaje:Luces

A Academia pecha as honras ao poeta "non homologable"

Un encontro sobre a obra do autor de Monforte pon fin ao exitoso Ano Pereiro

"Lois Pereiro foi un poeta que non finxía, convincente, e a súa é unha sensibilidade actual. Hai que pensar que morreu novo, e que a estas alturas sería case un rapaz". Antón Lopo, autor de A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro (2011), non dubida de que a promoxidade temporal da obra do de Monforte ten moito que ver no éxito deste último Ano das Letras. Tamén pesou, segue, a presenza constante do amor e da morte, eses vellos visitados, na produción do poeta punk, tan fillo do seu tempo que sufriu en carne propia o colza e a sida, descuberta en 1981, o mesmo ano no que Pereiro consumiu o aceite envelenado. "É o máximo representante da poesía popular contemporánea", sentenza Lopo sobre quen escapou do canon literiario e mesmo engrosou a nómina do malditismo.

"Foi un logro a popularización do autor sen caer en reducionismos"

Lopo fai balance do ano de homenaxes ao autor de Poesía última de amor e enfermidade (1995) durante un breve descando do congreso que onte botou a andar en Santiago, e que continúa hoxe e mañá en A Coruña, sobre a figura do monfortino. O encontro, inaugurado polo catalán Pere Gimferrer, aspira a ser o peche definitivo das Letras Galegas de 2011, a conclusión "dun éxito difícil de superar", segundo o conselleiro de Cultura, Roberto Varela. "Foi un logro a popularización do autor sen caer en reducionismos. Esa popularización trouxo consigo un desterramento de tópicos", afánouse en sinalar o titular de Cultura, que felicitou á Academia por un ano das Letras que "devolveu a Galicia un bardo apaixonado".

Mentres o Ano Pereiro esgota os seus últimos días, o congreso sobre o poeta segue a darlle voltas ás súas querencias literarias, ao Monforte en crise no que medrou - unha cidade, sinalou Lopo, "que comunicaba Galicia co resto do mundo como centro ferroviario"-, ao antes e despois da enfermidade, das adiccións e do infortunio amoroso. O poeta europeo que foi Pereiro, así retratado na lección inaugural de Gimferrer -prologuista da edición bilingüe de Obra completa- emparentou co francés Arthur Rimbaud na morte temperá, amais de con Dylan Thomas, Henri Michaux ou Stéphane Mallarmé na súa vida "non homologable", en palabras de Lopo. Malia todo, a tese de Gimferrer impón unha diferencia non menor entre o de Monforte e os seus mestres. "Cando escolle a parte que depende da súa opción persoal, xa está determinado o carácter da súa obra, un carácter único nas literaturas ibéricas contemporáneas". Non é o consumo de drogas, esencial en Michaux, o que explica a obra de Pereiro, que tomou forma de circunstancias que o de Monforte non decidiu, como a enfermidade. "A súa voz poética é separada da voz autobiográfica; depende da súa biografía, pero é allea a ela", defende o catalán.

No percorrido pola figura de Pereiro, amais dos poetas centroeuropeos aos que tanto admiraba, o congreso propón unha reflexión sobre os seus gustos musicais ou a súa devoción polo cine, incompleta até que a Filmoteca de Madrid lle deu a oportunidad de ver as películas que sabía xa de memoria polas lecturas. O relatorio de Antón Lopo, xa na sesión da tarde na Cidade da Cultura, buscou paralelismos entre a traxectoria vital do autor de Conversa Ultramarina e a de Lou Reed, o líder da Velvet Underground, hoxe convertido nun "un activista antitabaco". Mais moito antes de que o americano renegase do punk, o galego atopou na droga un alivio para os sufrimentos da enfermidade. Eran os tempos, recorda Lopo, da heroína como "un dos principais protagonistas da vida social da cidade".

O Congreso Lois Pereiro continúa hoxe na sede da RAG con relatorios de Daniel Salgado, Anxo Angueira e María Xesús Nogueira.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_