_
_
_
_
Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Cartas a Carmen

Santo Agostiño, aquel santo degoxado, escribiu As confesións non por relatarnos os seus pecados, que o fai de modo, senón por mostrarse aos demais espido, pura literatura do eu. Agostiño é un autor enteiramente moderno.

Moi pertiño da confesión están os diarios persoais e tamén as cartas. Son verdadeiros xéneros literarios e entendo que están para desaparecer se non o fixeron xa. Hai países, especialmente os de cultura protestante, onde se considera que escribir un diario é formativo, forma a vontade. Dalgún xeito pode ser así, aínda que máis ben é unha ximnasia da conciencia persoal, facer unha recapitulación dos nosos días e sentala nunha libreta é forzarnos a confesar os nosos pecados e debilidades, poucas veces a constatar éxitos e albízaras. Ser un consciente de si nin fai a un máis feliz nin tampouco máis forte, só máis apesarado. Porén, os que nalgún momento da nosa vida adquirimos o vicio da literatura non desprezamos os praceres de ler os diarios que alcanzan altura nesa enfermidade da autoconciencia.

Ser escritor é aparecer espido en toda a súa miseria humana, en toda a súa humanidade

E logo as cartas? Onde van no tempo do email? As cartas todas eran un escribir, falar, en voz alta estando sós; na idea de que ao cabo duns días outra persoa as había ler, escoitar. Tamén ese falar só, o escribir meditando as palabras unha tras doutra é, era, unha confesión ante alguén. Escríbense cartas, escribían, para pedir, preguntar, ou contestar aos pedimentos ou preguntas de alguén. Quen escribe confesa que é menesteroso, que quere algo da persoa a quen se dirixe, e para iso debe dar algo a cambio: palabras de agradecemento, recoñecemento, loubanzas, algún xesto de humillación, a confesión dalgunha miseria ou eiva... Unha carta persoal ten unha parte de confesión.

A literatura é para trascender o prazo da vida persoal, esa é a aposta con un mesmo. De aí os escritores gardaren a correspondencia relacionada co seu mester: porque esa é unha parte colateral da súa obra e axuda a completar o sentido de esta. Aínda que as cartas van en dúas direccións e realmente as cartas que máis lle interesan son precisamente as que non ten, as que enviou. Mais as cartas de quen son? De quen as envía ou de quen as recibe? De quen as recibe, sen dúbida; aínda que tamén en parte son de ambos. Unha carta persoal presupón unha comunicación persoal. A carta dun autor á súa axente, Carmen Barcells, por exemplo, de quen é? De Carmen, aínda que tamén un pouco dos autores que lle escribiron, menesterosos, problematizados, inseguros...

Non teño claro que fixera ben Carmen vendendo ese epistolario dos seus autores. Pode que teñamos curiosidade por ler algunhas desas cartas, mais falta polo medio ese espazo de tempo que dá a desaparición do autor. Aínda que o ser escritor é iso, aparecer espido en toda a súa miseria humana, en toda a súa humanidade.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_