_
_
_
_
Luces

"O museo do Gaiás é un espazo difícil pero posible"

Na Cidade da Cultura rematou onte un encontro internacional en que responsables de importantes museos e institucións culturais debatiron durante tres días sobre diversos aspectos relacionados coa xestión cultural. Entre os invitados atopábase o actual director da Casa Encendida de Madrid, José Guirao, que durante varios anos dirixiu o museo Reina Sofía.

Na súa opinión, as dúas prioridades sobre o futuro do complexo do Gaiás son a de tomar unha decisión definitiva sobre a execución completa do proxecto e, ademais, conectar o recinto coa propia cidade de Santiago. "O primeiro obxectivo é que os cidadáns tomen a Cidade da Cultura e fágana súa", indica Guirao, quen tamén considera que o Gaiás pode contar con importantes achegas de capital privado se as empresas ven con claridade os beneficios que poderán obter para a súa imaxe co apoio aos proxectos que se desenvolvan no complexo.

"Pola miña experiencia creo que hai moitas persoas nas empresas que son sensibles para apoiar unha programación cultural de calidade. O problema é que en España as institucións públicas aínda non teñen ben perfilado o que deben ofrecer ás empresas para que estas se animen a participar nos seus proxectos", explica Guirao.

No que se refire ás posibilidades expositivas do Museo de Galicia, que acaba de abrir as súas portas aos visitantes no Gaiás, Guirao sinala que se trata dun espazo "anómalo" e fóra de calquera estándar coñecido. "Iso vai dificultar o traballo con determinados formatos de creación, pero tamén vai obrigar aos comisarios a procurar outro xeito de enteder o espazo museístico. Haberá que tomar as dificultades coma unha oportunidade de innovación. En resumo, non é un espazo fácil pero non é imposible", engade.

Outro dos poñentes no encontro do Gaiás foi a directora de programación do Barbican Center de Londres, Louise Jeffreys. O centro do capital británica ten algunha semellanza estrutural coa Cidade da Cultura, xa que foi deseñado tamén para acoller diversas disciplinas artísticas, dende arte ata teatro, danza ou cine. Outra coincidencia é que foi un espazo que tivo moitas dificultades ata que chegou a facerse un oco na competitiva escena cultural londinense. O Barbican celebrará o seu 30 aniversario o ano que vén, pero hai que ter en conta que o centro comenzou a deseñarse en 1959 e non chegou a funcionar plenamente ata 2003. Semella que hai máis lugares no mundo onde a planificación non foi boa.

Jeffreys explica que non sabía nada sobre a Cidade da Cultura ata que chegou a Santiago. Considera que o recinto conta cuns espazos "fantásticos" e con posibilidades para desenvolver actividades moi diversas. "Iso pode levar canda si oportunidades e problemas, pero seguramente estes últimos poderán resolverse con ideas creativas", indica a responsable do Barbican.

Aínda que as características do público e o volume de población de Santiago e Londres son moi diferentes, Jeffreys apunta a que un dos principios que hai que seguir é o da elaboración dunha programación que permita atraer os visitantes. "É algo que leva tempo e que ten que estar constantemente en revisión para adaptala aos gustos do público", engade.

No caso de Santiago cre que debería existir un diálogo permanente entre os responsables da programación e a comunidade artística local e considera tamén "fundamental" a posta en marcha dun programa educativo e didáctico con obxectivo de "crear un público na cidade que no futuro se converta nun usuario habitual do complexo". O Barbican recibe 900.000 visitantes ao ano, aos que hai que engadir outros 500.000 asistentes a eventos privados.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_