Que facemos con este morto?
Escribir na Galiza de "cultura" é chorar, laiarse, protestar e os demais matices da frustración e da impotencia (ou da choromiqueiría, que xa non sei eu). "Oprimen en nós", "acaban con nós, coa nosa cultura..." Todo iso que son constatacións e que non serven para nada, sobre todo cando as escribimos en páxinas como esta, páxinas que le xente que xa é coñecedora e está convencida previamente. O peor non é que o escribamos, o peor é que iso é o que máis lles presta aos lectores destas páxinas, fagan a proba senón e comproben na páxina web cantas lecturas ten un artigo que se titule "Poesía (...)" e outro que se titule "Resistencia cultural galega" ou "A opresión da nosa cultura". A falar claro, aquí a xente ven a ler discursos que a conforten, reafirmen nas súas convicións políticas. E, a falar claro, estou aborrecido de tantos anos a escribir sermóns para quen xa coñece os evanxeos.
A Cidade da Cultura resume o tempo das mentiras no que vivimos todos
Con todo, terá que desculpar quen efectivamente procure aquí consideracións sobre literatura, artes, cultura, etc, que hoxe me vexa obrigado a escribir sobre... a Cidade da Cultura! Levo anos a escribir sobre un asunto tan enorme como minúsculo, tan recorrente como efémero, tan pesado como evanescente. Xa non vou lembrar o silencio ante tal despropósito da mesma prensa que leva agora tres anos a mallar nesa besta mansa do Gaiás. Daquela Fraga mandaba moito e pagaba ben polo silencio, os que agora badúan tanto daquela calaron como petos.
O conselleiro parou o Gaiás. Se seguise a facer obra, estaría mal e agora que a pararon, hai queixas. É normal, un disparate así ninguén sabe por onde collelo. Ten razón a protesta do ex alcalde de Santiago que non quere que fique unha ruína a medio construír no alto dun monte. Mais, sen crise económica ou con ela, non hai outro remedio que parar de vez o proxecto pois ese burato está a tragar o diñeiro que se precisaría para sanitarios, profesorado, asistencia social... Se alguén nestes anos tivese conseguido averiguar para que pode servir, nese caso aínda habería unha coartada para seguir enterrando aí o diñeiro. Non é o caso, ninguén conseguiu aínda transformar unha estupidez nunha cousa intelixente e útil.
A Cidade da Cultura, xunto cos aeroportos vacíos ou semivacíos, cos superportos contruídos un ao lado de outro e con todos eses edificios públicos que non serven para nada, resume o tempo das mentiras no que vivimos todos. E a Cidade da Cultura, esa megalomanía pailaroca co seu arquitecto estrela e estrafalario incluído, representa moi ben a malversación da autonomía no plano cultural: no sitio de destinar os presupostos de cultura a crear infraestructuras e público e apoiar aos creadores... ese gran morto. Un morto que ninguén sabe onde enterrar. Non o souberon os gobernantes do bipartito e tampouco os seus creadores, os que gobernan agora de novo na Xunta. Efectivamente, todos están, estamos, xa implicados na trama desta comedia estúpida titulada, Que facemos con este morto?
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.