_
_
_
_
Luces

Edición de guerrilla e novas resistencias na escuridade

"Os que saímos fóra fixémolo a pulso, sen apoios", critican en Kalandraka

Na edición tradicional, unha empresa con boa saúde recupera, cos títulos afortunados, entre un 3% e un 7% do investimento. Nestas xeiras do último capitalismo, Random House xa case non edita libros cunha previsión de vendas inferior a 60.000 volumes, e esixe ás súas filiais marxes de beneficio superiores ao 15%. Fóra das políticas públicas e lonxe dos mecenados, os grandes medios de produción non distinguen o libro da tele ou da prensa.

Así as cousas, este xornal preguntou a Francisco Pillado (Laiovento), Moisés Barcia (Rinoceronte), Tomás González (Urco Editora) e Xosé Ballesteros (Kalandraka), que se fai para tornar o marasmo no oficio de editor. Ou para vender un libro en Galicia, onde máis da metade da facturación se despacha nas librarías, sen falar só de produto.

"A pequena edición abrolla en todo o Estado", defende Moisés Barcia
"Quen paga 14 euros por un arquivo electrónico?", preguntan en Urco

Pillado, factótum de Laiovento, que traduciu a Badiou e a Zizek, opina que nos gobernan "inimigos". "A saúde da edición está como todo o que ten que ver coa lingua e o país", resume. E chama "ao combate con dignidade e estética". "Popularizando o elitismo, como dicía [o poeta polaco] Stanislaw Jerzy Lec". Non hai naves nin se destrúen libros en Laiovento, sempre ameazada e invisíbel na maioría dos andeis. Se este modelo antigo subsiste é por unha certa estrutura cooperativa. Tampouco esperan beneficio: "Nós resistimos porque ese é o noso proxecto, pero unha cultura non pode alicerzarse só no voluntarismo".

Rinoceronte, especializada en tradución ao galego de obra estranxeira, foi o primeiro selo que partillou papel e versións de balde para descargar na Rede. Deixárono tras comprobar que os libros máis vendidos eran, polo xeral, os que non se podían ler gratis. D'A posibilidade dunha illa, de Houellebecq, só venderon en 2007 o exemplar que pagou o poeta Alberte Momán, segundo afirmou Barcia daquela. O mercado, di o cangués, está "verdísimo". Tamén a lexislación está feita para o papel. Desde os axentes dos autores que traducen -que seguirán chamando, de momento, cando o contrato caduca- ás axudas para compra de novas adquisicións editoriais para bibliotecas [de Cultura, o maior substento do sector este ano], que aínda se dirimen por xénero e tirada, o que non favorece nin a transparencia.

Na interpretación dos datos da Panorámica de la edición española de libros 2010, filtrados por Bragado no seu blogue Brétemas canda as últimas estatísticas do Anuario del Libro 2010 e un histórico da evolución do libro en Galicia, algunhas marcas históricas sono en títulos (2.544, un 20% máis có ano pasado), na edición pública en galego (só un 10%, con record da Xunta, que só editou 22 libros) e no peso do castelán na edición en Galicia, que rexistra case o 60% dos ISBN. Rinoceronte engade indicadores para rexeitar o discurso de que os selos pequenos xibarizan o libro galego pola vía de facerlle perder visibilidade. "Na Panorámica tamén se di que as editoriais pequenas rexistramos 959 referencias no ISBN, 800 as medianas e só 350 as grandes. É un fenómeno que abrolla en todo o Estado e non se pode obviar". Por facturación, as grandes editoriais en Galicia, segundo datos do Rexistro Mercantil, son Hércules Ediciones, especializada en enciclopedias (2,62 millóns no 2009), Xerais (2,514), Galaxia (2,043) ou Kalandraka, que sumou 1,8 millóns sen contar a filial andaluza. O descenso na facturación supera o 8% de media, pero destruíuse un 20% do emprego fixo (e a metade dos colaboradores foron á rúa).

"Estase dando un proceso de edición de guerrilla", sintetiza o tradutor de Lovecraft Tomás González Ahola, de Urco Editora, "agora que os libros non saen do almacén, senón dunha máquina que os imprime". "E iso é bo, non falamos de dúas editoriais no medio dunha economía irreal". Con 40 títulos no mercado e a piques de dixitalizalos "pensando nas bibliotecas e no esforzo de 30 librarías preocupadas", en Urco acabaron "fartos" da distribución tradicional (Arnoia e a súa escisión, o Consorcio Editorial Galego) e rexistraron a súa, Pragma, que lles serve a eles e a Corsárias, Através Editora e Edições da Galiza. O do e-book aínda non está claro: "Quen vai pagar 14 euros por un arquivo, descontando só dous euros de imprensa?".

No pensamento do afóra, literalmente, paira a experiencia da editora de álbume ilustrado Kalandraka, pioneira en internacionalización ao pouco de a fundaren, en 1998. "Levabamos dous anos publicando en galego e tiñamos moi claro que as editoras españolas estaban chegando aquí e publicando a través de Tambre [Edelvives], Rodeira [Edebé] ou Xerme [SM], case todas vencelladas a ordes relixiosas", evoca o director, Xosé Ballesteros. A primeira áncora foi en Portugal. Hoxe botan fóra o 80% dos seus libros producidos en imprensas galegas. "Exportamos libros OQO, Nova Galicia e nós", resume o panorama. "E teño claro que o tracexamos a pulso, sen estratexia institucional nin apoios importantes máis alá dalgunhas bolsas de viaxe".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_