Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra

A literatura de Torrente é analizada en Münster

A cidade alemá de Münster acolle dende onte un congreso internacional dedicado á figura do escritor ferrolán Gonzalo Torrente Ballester. A análise da herdanza do Século de Ouro español na obra de Torrente e os vencellos da mesma cos conceptos de poder, relixión e mito son os temas principais do evento, no que participan hispanistas reputados de diversas universidades americanas e europeas. Entre eles se atopan o doutor Kurt Spang, da Universidade de Navarra, ou o profesor Manfred Tietz, da Universidade de Bochum.

A idea de organizar o encontro surxiu a finais do ano pasado durante o congreso celebrado en Vigo para conmemorar o centenario do nacemento do escritor. A directora cultural da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Carmen Becerra, acode desta volta a Münster, onde disertará sobre a novela La saga-fuga de J.B, da que en 2012 se celebra o 40 aniversario da súa publicación. Pola súa banda, a responsable da biblioteca e do arquivo da fundación, María de los Ángeles Portela, falará sobre as lecturas de Torrente Ballester.

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 7 de octubre de 2011