_
_
_
_
Reportaje:Luces

O salto adiante de Maryland

Entre a melodía e a distorsión, os vigueses sacan álbum

Maryland saltan a unha piscina baleira co seu segundo traballo, Get Cold Feet, pero fano cunha rede de seguridade tecida por 11 cancións cheas de distorsión e "quilos e quilos de melodía", o que os entronca coa mellor herdanza power-pop dos anos 90. O álbum, editado polo selo galego Ernie, está xa nas tendas e nas plataformas on line.

O título -unha frase feita que quere dicir "botarse atrás"- e unha ambigua portada, na que as sombras dos cinco membros se proxectan sobre unha piscina baleira recuberta de follas secas, poden levar a confusión. Porén, téñeno moi claro: a súa nova achega tras Surprise, do ano 2009, implica un paso adiante. "Intentamos ser máis realistas co noso directo", argumentan para explicar as maiores doses guitarreiras e o punto extra de carraxe e de escuridade.

Esta aposta reflíctese nun son máis cru, no que tamén baixo e teclado pasan polo filtro da distorsión, pero que non lles impide mergullar na procura de delicadas harmonías pop, na onda de referentes como Nada Surf ou Jimmy Eat World. Nese proceso, labrado durante seis meses no local de ensaio e plasmado logo nos estudios Planta Sónica, xogaron una papel relevante os produtores Jaime García Soriano, cantante dos renacidos Sexy Sadie, e Iago Lorenzo. A crueza tamén se traslada ao aspecto lírico. "No anterior disco as letras eran máis choromicas, estas teñen máis mala baba", reflexionan.

Tras a boa acollida de Surprise -nomeado segundo mellor disco español de 2009 pola revista Mondo Sonoro- un adianto de Get Cold Feet soa dende hai semanas en Radio 3 e o disco completo podía escoitarse na súa páxina de Myspace antes de ser publicado. Saben, así mesmo, que o feito de usar o inglés lles pecha "moitas portas" nun mercado en que desde Sexy Sadie ningunha banda nese idioma gozou dunha repercusión importante. No entanto, para eles o "natural" é utilizar a mesma lingua da música que escoitan e, malia que o castelán lles daría "máis posibilidades", apuntan que suporía un cambio substancial do seu estilo.

Agora tócalles defender o disco en vivo. Para iso, arrincaron a súa xira coa presentación oficial a semana pasada en La Fábrica de Chocolate da súa cidade, Vigo. Hoxe tocarán en Reus e mañá en Barcelona e tamén teñen datas fechadas en Madrid.Así, o colofón desta primeira xeira de concertos será a súa participación a última fin de semana de maio no Primavera Sound da cidade condal, un dos fitos no calendario de festivais alternativos e no que compartirán cartel con grandes da escena internacional, como Pulp, Pj Harvey ou Belle & Sebastian.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_