_
_
_
_
NOTAS A RODAPÉ | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

De vagar chégase lonxe

Hai uns días celebrouse na sede do Consello da Cultura Galega un encontro coa Presidenta do Instituto Camões no que participou unha escollida e plural representación de distintos sectores da sociedade e a cultura galegas. O motivo do encontro era a sinatura dun protocolo de colaboración entre as dúas institucións. Segundo explicaron o presidente do Consello, Ramón Villares, e a presidenta do Camões, Ana Laborinho, este documento servirá de marco para futuras actividades orientadas á difundir a cultura galega nas súas diversas manifestacións (literatura, audiovisual, música...) a través da extensa rede de centros vencellados ao Camões polo mundo adiante, e para espallar a cultura portuguesa no noso país.

- Iniciativas en andamento. As varias ducias de persoas presentes na devandita xuntanza estabamos asistindo, se cadra sen sermos completamente conscientes diso, a un pequeno grande momento. Alguén llo bisbiseou a Villares ao remate: "Se non fose que as palabras están moi gastadas, eu diría que estamos ante un fito histórico". Ben o sabía quen subscribe estas liñas, que non podía deixar de lembrar como hai unha ducia de anos, tentara, en compaña do finado e saudoso Carlos Casares, dar cabo a unha proeza semellante, que non se puidera culminar. Daquela, coma no presente, mediaran os oficios dun dos mellores amigos que Galicia ten en Portugal, o profesor Ivo Castro, sen dúbida o máis importante filólogo luso a días de hoxe. Algún día este cronista contará o detalle desa historia, con reberetes de relato policíaco, ou ao menos, de enredo de espionaxe.

O importante é que o que non foi facedeiro hai 12 anos, hoxe púidose conseguir. No mesmo acto, o presidente do Consello anunciou que seguía o seu trámite a solicitude de ingreso deste organismo como Entidade Observadora na Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP) -organismo internacional no que están representados os estados, pero ao que tamén están adheridos (co estatuto de observadores) distinto tipo de institucións-, e que fora presentada na conferencia internacional do organismo que se celebrou recentemente en Brasilia. Para levar a termo a solicitude, probablemente será preciso que o Goberno portugués a apadriñe, previo visto e prace diplomático do Goberno español. Será interesante facer seguimento do asunto, entre outras cousas porque dará a medida do grao de recoñecemento que a cultura e a lingua galega obtén por parte do Estado portugués, e da flexibilidade e amplitude de miras do Estado español.

Na mesma mañá, presentouse un relatorio sobre a situación do ensino da lingua portuguesa na educación primaria, e sobre todo a secundaria, en Galicia. A realidade actual, sen ser minúscula, é moi modesta, e desde logo, está moi por debaixo do desexable. Galicia debe facer unha aposta, seguindo o exemplo da Estremadura, por potenciar a aprendizaxe do portugués nos institutos. A partir do galego, e cun esforzo suplementario, podemos multiplicar extraordinariamente o valor do noso capital lingüístico. Segundo se comunicou ao público asistente ao encontro que estamos a comentar, a Xunta está en tratos co Camões (e a través del, co Goberno portugués), para impulsar a presenza da lingua portuguesa nos institutos de Galicia, ao comezo con carácter experimental, pero nun horizonte de continuidade e expansión. Mel nas filloas.

- Un pasado de malentendidos. Significará o devandito que estamos camiño da normalización de relacións lingüísticas e culturais entre Galicia e Portugal? Esta sería unha excelente nova, pero se cadra aínda é prematuro celebralo. O camiño vai ser longo, e estará inzado de atrancos. Se o pasado remoto ofrece un relato acugulado de desencontros e agravios, a historia recente está tecida de moitos malentendidos. Por parte galega, moitas veces se ten unha imaxe de Portugal que esaxera os trazos máis negativos da nosa autoimaxe. Por parte portuguesa, tamén vigora unha imaxe de Galicia que nos presenta como unha especie de anomalía, unha estraña combinación de individuos que nin queren ser portugueses nin dan sido españois, un país carente de carácter imitativo e carente de personalidade.

Emporiso, a pouco que se deixa levar pola curiosidade e comeza a explorar Portugal, calquera galego descobre que canto máis coñece a cultura do país veciño, máis aprende de si mesmo, nunha fascinante viaxe ao tempo exterior e interior. E para os portugueses na recíproca, a sensación resulta ser xemelga á nosa. E da man do coñecemento mutuo, vén o recíproco recoñecemento.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

- Coñecemento e recoñecemento. Lamentablemente, a cuestión tentou reducirse adoito a un problema de lingua, e cun visión aínda máis reducionista, a un asunto de ortografía. A cuestión é complexa, multidimensional. Claro está que a comunidade de idioma -a consciencia da orixe común e a experiencia da mutua intercomprensibilidade, que nos abre o camiño para un futuro de aproximación desde o respecto ás especificidades- pode e debe ser de grandísima axuda para favorecer os vencellos entre Galicia e os países de expresión portuguesa. Pero non é menos certo que resulta un contrasentido pretender atopar en Portugal a solución aos problemas de noso que non somos quen de desatar nós propios Portugal (e aínda máis Brasil, do que falaremos noutro momento) pode axudar moito ao galego, pero pretender que Portugal, nin a lusofonía toda que viñese, van salvar o noso idioma é unha ilusión e un falso consolo.

Un estreitamento paulatino das relacións entre Galicia e os países lusófonos que facilite un fluído intercurso de persoas e a circulación de produtos culturais, propiciará sen dúbida un achegamento do galego ao portugués, sen mingua da súa personalidade (antes ao contrario, afortalándoa). Pero calquera precipitación pode ter efectos contraproducentes. Enfrontármonos os galegos para irmos procurar solucións fóra de nós constitúe unha receita segura para consumarmos o suicidio como país. Pola contra, sabermos tecer acordos estratéxicos nos puntos fundamentais, aprendendo a negociar as diferenzas, e a partir de aí procuramos alianzas sólidas, será unha vía segura para afianzarnos e obter os imprescindibles apoios externos. Portugal sabe moi ben ver iso. Oxalá que nós teñamos tamén esa intelixencia, e este sexa un camiño que comeza.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_