_
_
_
_

Os arquivos da destrución

Se hai un poeta galego que se ocupe nos seus labores do "holocausto do rural", ese é Emilio Araúxo (Coles, 1946). O rexistro da destrución dun mundo acha na obra de Araúxo un dos seus arquivos maiores: en fotografías, en poemas -Pois é, Cinsa do vento- ou en relatos -Tempos serodios. Estes días rematou un volume a catro mans co poeta francés Claude Royet-Journoud (Lyon, 1941) no que recollen o rastro das esculturas de pastores na Serra de Queixa.

Araúxo reside en Lalín, onde opera un monllo de poetas que, ao contrario da hexemonía repertorial da narrativa, funcionan coa vida fóra do entorno das cidades como materia. Celso Fernández Sanmartín (Lalín, 1969) refuga o progreso considerado como esmagamento de modos de vida hoxe non dominantes en títulos tales Propiamente son captivo. E Carlos Negro (Lalín, 1970) asómase a tensións semellantes no seu último libro, Cultivos transxénicos. En Héleris ou Far-west, amais, explora esa peculiar identidade rururbana que define a parte da mocidade vilega de Galicia.

O crítico Isaac Lourido detecta un outro tratamento dos mesmos motivos en poetas como Anxo Angueira ou o novísimo Xabier Xil. Val de Ramirás ou O valo de Manselle, do primeiro, transforman a vida cotiá do rural nunha épica colectiva á que se pode adscribir o Xil de Cando menos a derrota. Nese campo pode xogar A ponte da poldras: Chus Pato reconstrúe o traxecto negado dunha estirpe de mulleres labregas na Limia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_