O paraugas
Babuñaba. No medio desa mera-mexadeira propia dalgunhas mañás do outono coruñés. Ela levaba aberto o paraugas vermello e negro, con choliña de parrulo, a xeito de mango, que mandara facer ex profeso nalgures... Catro Camiños, nunha tenda que xa pechara. De feito, viña lembrando como, unha media hora antes, Xiana exclamara: "Que bo, iste paraugas!", en chegando á Rúa Nova. "Si", retrucara ela, "éche grande dabondo, pensado pra cubrir xustamente unha parella".
Serían xa... contra as dúas? Ó cruzar a Praza da Leña sentiu unha voz moi grave: "Perdoa, tes lume?" Ela asentiu coa cabeza, sen levantar a ollada, coidando como ía tan só en chegar á casa, paparse outra pastilla e meterse na cama axiña, a fin de matar, tamén ise serán, outra parte do día. Sacou un dos tres chisqueiros que sempre carrexaba no peto do abrigo e decatouse, iso si, de que a chama era mínima, apenas quedaba gas... cando ocorreu iso. Abofé, il houbo de fixarse naquil anel de prata, adobiado cunha runa, que ela aínda locía no dedo medianiño, mentres ela sentía... unicamente iso. Novamente iso: un arrepío que a estarreceu ó longo do espiñazo, ó notar o contacto dil, mentres iste lle acubillaba con dozura a mao, conformando unha paréntese, se cadra unha buguina, nas súas.
O xesto, xaora, non tiña a menor importancia, ninguén o apreciaría. Pero ela... Aquela era a primeira vez en... canto, canto tempo?... catro, cinco anos que alguén... non digamos xa un home, senón alguén, unha persoa lle rozaba a mao.
Este conto de Xoán Abeleira formará parte do libro aínda inédito Relatos en dous tempos.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.