_
_
_
_
A VER | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

As ansiedades dos escritores

Hai uns anos un ministro moi resolutivo un día mandaba un barco ao "quinto pino" e outro día declaraba nas Cortes que o fútbol era "de interese público". Tomadas as decisións correspondentes o fútbol consolidouse como grande industria española e como parte da cultura nacional obrigatoria. Os que facemos pouco gasto aos empresarios futboleiros somos malos españois. Así e todo tampouco non nos damos escapado, pois o fútbol, como a divinidade, está en todas partes e así nos enteramos un día e mais outro dos problemas de saúde dos seus heroes, as súas fracturas e escordaduras, tamén as súas depresións. Comprobamos como a presión na que viven prodúcelles ansiedade (o Ronaldo e o Kaká ademais de falaren coma nós, tamén son humanos. Coitados).

Até agora viviamos acomplexados pensando que nada máis nos deprimiamos e padeciamos ansiedades a xente que non é atlética e que anda a outros traballos. Xa podemos confesar os escritores, por un exemplo, que tamén temos ansiedade debido ás presións que recibimos. Non sendo científico non me atrevo a asegurar cal sexa a causa fundamental da ansiedade. Con todo, comprendo que nace sempre da relación entre o individuo e o entorno que o rodea. Vivir con medo a calquera cousa produce ansiedade, se un vive na mentira sempre temerá que os demais o descubran, ou se un depende dos demais e non de si propio pois vivirá sempre na ansiedade. É por iso polo que as persoas que dependen da valoración dos demais viven ansiosamente, os escritores someten a súa obra, o seu talento, á valoración do público e crítica, están nas mans dos demais. E por iso adoitan ter tan mal xorne (hainos máis malos...). Os escritores sométense a probas sicolóxicas duras, deitan na mesa de xogo a súa identidade personal, póñense en risco, viven sempre expostos, viven na vulnerabilidade e coas súas obras disputan algo que é limitado: o aprezo e a atención dos lectores. E algo máis, a preeminencia nese aprezo. Iso lévaos a competir entre si e lóxicamente crea a herba máis indesexábel e tamén a máis abondosa, a verde envexa.

Por iso reparei estes días pasados na estampa dun escritor español que morreu, xa moi moi velliño, e que seica era moi reverenciado por escritores máis novos. Había unha rolda de poetas e romancistas que o frecuentaban e tiñan en moito aprezo o seren atendidos por el. Probabelmente sentíanse discípulos seus dalgún modo. Claro que iso só é posíbel se hai unha diferencia de idade notábel, como era o caso. Hai persoas que procuran a sombra de figuras venerábeis, para iso pídenlle que sexan vellos bastante. No fondo coido que non hai tanto respecto pola vellez como unha certa mitificación, certa inxenua crenza en que os vellos son velliños bos, cousa que non deberamos acreditar, a idade non nos fai distintos nin mellores, fainos só máis vellos.

Esa relación de mestre e discípulo é moito máis difícil que se dea entre persoas de xeracións cercanas ou veciñas, é case imposíbel. Ninguén atura ter como figura tutelar a alguén dos mesmos anos ou poucos máis, por máis sabia que sexa e méritos que teña esa persoa. E hai niso un algo biolóxico e fatídico, a nosa especie funciona desa maneira e por algo será. Porén, entendo ben máis ese comportamento da especie que o dos novos que acoden a tomar té con petrucios admirábeis. Prefiro os mecanismos da competitividade aínda que inclúan a verde envexa. Hai algo de perverso nos escritores verdes ao redor dos vellos, verdes? Ao cabo, nos tratos todos procuramos algo, cousas varias e confusas, e non me acaba de convencer ese trato (nese asunto non me fío nin de Sócrates).

http://susodetoro.blogaliza.org

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_