_
_
_
_
Luces

"O PP aproveitou o desconcerto sobre o galego do bipartito"

Henrique Monteagudo xunta nun libro textos en defensa do idioma

Henrique Monteagudo fala claro xa dende o subtítulo do seu novo libro: Apelo á cidadanía. "O momento que vivimos no tema da lingua galega é de urxencia", sinala, "e o libro aparece nun momento crítico, a nivel político e a nivel de discursos sociais sobre defensa do idioma". As razóns do galego, título que Editorial Galaxia coloca nas librarías, recolle oito ensaios que o profesor e sociolingüista Monteagudo (Muros, 1959) publicou en revistas máis ou menos especializadas, de Grial ao suplemento da Letras Galega de El Progreso de Lugo, o diario Público ou en volumes colectivos. Amais, inclúe as 26 colaboracións que, so o epígrafe de Notas a rodapé, publicou nas páxinas de Luces de EL PAÍS.

"No PSdeG houbo un sector moi galeguista e outro españolista que se neutralizaron"

"Non quero que o debate sobre o galego fique nas elites políticas", asegura quen procurou unha escrita na encrucillada entre "análise, información e o opinión" dirixido "a un lector, a un público amplo". Todo encamiñado a terzar na decisión que, ao ver do autor, debe tomar a sociedade respecto das linguas: "A sociedade galega pode decidir que non paga a pena esforzarse 'un futuro para o noso pasado' e relegar o idioma do país ou, pola contra, optar por perseverar na obra, rescatar da incuria e revitalizar o idioma galego". Para Monteagudo, activista dende o colectivo Galego. Patrimonio da Humanidade que o 14 de novembro se estreará en Santiago, escoller a causa do galego supón un labor "difícil, sen dúbida, pero tamén fermoso e instigante".

Mais de cómo se chegou á tal situación tamén trata As razóns do galego. "A historia sempre ten un punto imprevisíbel, pero o certo é que o discurso lingüístico do galego seguiu a ser o mesmo que o do inicio da Autonomía", expón. Así, segundo Henrique Monteagudo, "a ausencia de ferramentas técnicas e aparello intelectual" limitaron as ambicións do Goberno bipartito respecto da normalización do galego. "Aí comezou o xogo de manipulación do Partido Popular que colleu desprevido ao bipartito e ao movemento prolingua", considera, "e ese desconcerto foi aproveitado con éxito por Feijóo".

Henrique Monteagudo, con todo, amosa esperanza logo da manifestación en defensa da lingua do 18 de outubro. "Hai unha reacción coido que positiva", afirma. E iso que o profesor, militantante do BNG, decote estende as súas críticas á argumentación lingüística dominante no nacionalismo. "A tentación de patrimonializar e certa tradición sectaria contribuíu a certos erros de vulto na defensa do idioma", afirma, "por caso, a polémica normativa, que no fondo era un ¿quen manda aquí?". Matiza: "Cometéronse moitos erros, é certo, pero froito do cariño e a paizón polo galego; agora necesítase un discurso non agoreiro e que exceda asuntos legais: o que está en xogo non é a legalidade, senón a lexitimidade social".

Precisamente entre as máis discutidas contribucións ao debate normalizador do sociolingüística atópase a da necesidade de que o galego non fique en mans da política nacionalista. "Dito iso, no Partido Socialista houbo sempre certa apatía, un sector moi galeguista e outro moi españolista que se neutralizaron; iso pasou no PSdeG do bipartito, sen que Touriño tomase posición", opina. No PP, fala dunha "identificación vaporosa co galego que, polo menos, serviu para non usar o idioma como divisor durante os anos de Fraga; logo existe un sector ferozmente antigaleguista, o que se impón arestora".

Monteagudo mesmo enxerga o cansazo de certo activismo a prol do galego. "Mais tamén debemos pensar que, se cadra, os que defendemos o noso idioma non nos explicamos ben. E agora hai dúas opcións, calar e que arromben o galego ou continuar batallando". O profesor parece situarse neste último lugar.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_