_
_
_
_
Luces

Xerais 30

A editora cumpre anos coa vista nos libros electrónicos

O 5 de outubro de 1979, Germán Sánchez Ruipérez, fundador do Grupo Anaya, e o seu socio galego Xulián Maure, con Ofelia Grande e Camiño Noia, constituían en Vigo Edicións Xerais de Galicia. Trinta anos, 3.200 títulos -1.600 vivos- e "dez millóns de libros vendidos" -contando os escolares- despois, o traballo de Xerais é un retrato do que importa na cultura galega, entre marxes visibles e invisibles.

"A editorial mantivo unha conversa co seu tempo e co seu país", resume Manuel Bragado, cuarto director despois de Maure, Luís Mariño e Víctor Freixanes. Os primeiros libros amosan o que se pretendía: o célebre Diccionario básico da lingua galega, un texto de matemáticas para 1º de bacharelato, a colección Montes e Fontes, o primeiro volume da guía de Xosé Laredo Galicia enteira, a Poesía completa de Rosalía de Castro na edición de Varela Jácome, Os Eidos co prace de Novoneyra ou Crónica de nós, de Xosé Luís Méndez Ferrín.

"Non temos 600 traducións, síntoma do que sucede noutros ámbitos"
"Se os consensos da autonomía mudan, tamén influirá na edición en galego"

Eses títulos fixan o desenvolvemento posterior: educación, lexicografía e literatura. Xerais é o espello da edición en Galicia, onde o 60% dos libros son de canle escolar, e a literatura para nenos e mozos, segundo as propias marcas da edición, case dobra en ingresos á narrativa para adultos. A porcentaxe escolar en Xerais é a galega, incluíndo dicionarios. Do 40% restante, algo menos da metade é produción literaria. O resto ocúpase entre manuais universitarios e guías de viaxes, gastronomía e natureza, principalmente.

Malia a que os ingresos son unha cousa, a visibilidade de Xerais é literaria. O Premio Xerais, hoxe cunha bolsa de 25.000 euros, cumpre 26 edicións como gran premio da novela galega, e cun só ano deserto, coa función de "levantar a expectativa", di Bragado, que aproveita as ideas para visibilizar o premio -as traducións- para identificar as fendas. "Non temos 600 traducións", lamenta, "e iso é tamén un síntoma do que sucede noutros ámbitos". Que as vendas literarias sexan o 12% do total, porén, non é un problema de distancia entre peso económico e peso literario, nin obedece á necesidade de potenciar a lingua galega no exterior. Bragado sinala a regresión: "O libro galego é un fenómeno da autonomía, o 93% do editado publicouse desde 1980, e ese é un feito que non podemos agochar. Se o proceso de consensos forxado nestas décadas se modifica, estamos actuando sobre o futuro da edición".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O traballo literario de Xerais, neste sentido, centrouse en construír un catálogo autoral e de xénero, e ampliar o mercado de lectores interno. "Isto quizais nos levou a abandonar o esforzo por dar a coñecer este catálogo noutras linguas, pero o libro depende da saúde da lectura, e eu sigo reclamando datos de lectura fiables". Fóra da situación da lectura en Galicia, trenqueleante en calquera idioma, Bragado ten a "convicción" de que os autores galegos venden máis no seu idioma, independentemente de cómo queira situalos a libraría. A ese lector literario en galego quere dirixirse o catálogo de narrativa de Xerais. Das lembranzas dos 80, cando os editores -non se coñece que Luís Mariño frecuentase os colexios- entraban nos institutos coa ilusión de facer novelistas, ata a visibilidade da crítica en galego, reducida especificamente ao suplemento Protexta, extrae Bragado un balanzo de gratificacións: "Ferrín, Suso de Toro, Rivas [en novembro sairá Episodios galegos, segunda compilación d?Os Grouchos que publica EL PAÍS], María Xosé Queizán, Teresa Moure, Rosa Aneiros, María Reimóndez... O único que me sinto é agradecido por colaborar na edición en galego".

Coa narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro no tronco de coleccións, e máis de 100 títulos de non ficción máis ou menos dispoñibles en Crónica, o director de Xerais desde 1994 fala das coleccións coma un traballo "continuísta", ás veces con distinta fortuna. E da sensación ou non de crear tendencia. Aquí Bragado anuncia que a nova novela de Diego Ameixeiras, Dime algo sucio, ha saír en novembro, e reitera o "orgullo" que lle produce ter publicado Baixo mínimos, o debú do autor ourensán. "Pásame o mesmo con Samuel Solleiro, Andrea Maceiras, Ledicia Costas...".

No futuro, a curto prazo (primavera de 2010), están algúns cambios. Un deles pasa por mudar de cor a colección de narrativa de Xerais, entre o rosado e a cor carne, obxecto de disputa estilística desde comezos dos 90. Pero o máis importante é o e-book. Xerais -"contamos que o libro electrónico en galego sexa visible nos catálogos dos distribuidores"- conta lanzar dous entre novembro e decembro deste ano. Non revela os títulos, pero di que serán publicados a un tempo en papel. "Os e-books axudaránnos a enxergar o horizonte", xulga Bragado. "O camiño non ten volta".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_