Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra

Firmas e manifesto a prol da lingua galega

Co fin de loitar pola supervivencia e benestar da lingua de Galicia, o profesor e ensaísta Antón Baamonde, xunto co director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, veñen de crear unha plataforma para recoller sinaturas coa intención de promover unha Iniciativa Lexislativa Popular. Así, somerxéronse na redacción do manifesto Galego. Patrimonio da Humanidade que comezaron a difundir por correo electrónico o primeiro de xullo.

No texto fan fincapé no bilingüismo que caracteriza Galicia, e na protección que o galego debe recibir por ser a lingua máis feble. Apoiados na letra da Constitución, do Estatuto de Autonomía e da vixente Lei de Normalización Lingüística, a protección do galego que reclaman cadra coa igualdade que esixen entre este e o castelán. Aínda que pensaban que a participación sería reducida, aseguran que en menos de 48 horas xa recibiron polo menos 150 correos. A presentación pública do escrito realizarase o vindeiro venres día 10 ás 12.30 da mañá na Casa Galega da Cultura de Vigo.

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 3 de julio de 2009