_
_
_
_
Reportaje:Luces

Os festivais minguan

A crise afecta á programación musical do verán e suspende algunhas citas

Tres concertos masivos riscan o verán: Lou Reed e Laurie Anderson (Santiago, 12 de xullo), Bruce Springsteen (Santiago, 2 de agosto) e Leonard Cohen (Vigo, 13 de agosto). No que respecta aos festivais, o panorama -máis por contidos que por patrocinios- é outro. O único festival indie galego, o Artenativa de Valga, non se celebrará este ano. E as programacións retrásanse: non se sabe aínda o cartel do Festival dos Abrazos nin do Festigal, os dous en Compostela. O Noroeste Pop-Rock da Coruña, que hai dez anos trouxo a The Cure á praia de Riazor, aínda debe precisar datas e contidos. O máis sólido neste sentido, co Xacobeo como primeiro patrocinador, segue a ser o Festival de Ortigueira.

"Un desgoberno de cinco meses fai que proxectos e axudas cheguen tarde"

"Un desgoberno de cinco meses provoca que proxectos, axudas e comunicación cheguen tarde", di Joaquín Martínez, responsable da Asociación Galega de Empresas Musicais. Xulio Gómez, do colectivo Sinsal Audio, súmalle a crise: "Está todo parado. A música socializada é a que máis o paga".

Por orde cronolóxica, o rock de raíz ourensá convoca hoxe e mañá no Fax de Ourense, cos Suaves e Mitocondrias, amais da festa da Shantel & Bucovina Club Orkestar. Tamén en Ourense, o Día da Música de Heineken (antes baixo a marca Galicia Escoita) fará parellas pop con Eladio Santos, Sevigny, Tachenko e Lori Meyers. No que atinxe ao jazz, o primeiro gran ofrecemento é o Imaxina Sons (Vigo, entre o 25 de xuño e o 5 de xullo), que se estenderá por toda a cidade cunha oferta rechamante: este ano co saxo Charles Lloyd como prato forte, o ex Weather Report Miroslav Vitous ou Napoleon Murphy Brock, frontman de Zappa en Bongo Fury. Cos portugueses Low Budget Research Kitchen, precisamente, haberá revival do xenio de Baltimore.

Para escoitar música coas vantaxes do rural, a cita segue sendo na carballeira do Cultura Quente (Caldas de Reis, 10 e 11 de xullo): están confirmados Vive la Fête e a ración de vellas glorias de todos os veráns, en lembranza de cando Arthur Lee estivo a piques de tocar en Silleda. Este ano recuncan en Galicia Sylvain Sylvain e David Johansen, mantedores da marca New York Dolls. Antes, no FM Music Festival (Malpica, 3-5 de xullo) xúntanse 6pm, Dr. Think, Niños Velcro e Los Coronas. Coincidindo co Cultura Quente, pero na Coruña, terá lugar unha das escasas apostas temáticas do verán: o VI Lex Luthor Weekend Internacional Sixties Summer Meeting. O enorme ámbito do posible entre os 50 e os 70, se falamos de música negra, con Los Granadians del Espacio Exterior, referente europeo do rocksteady e o reggae branco. Inclúe feira de discos e picadiscos de todo o mundo no Playa Club. A cita folk segue sendo o Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira, 9-12 de xullo). Aínda hai arestas no cartel, pero a "volta á ortodoxia", segundo avanzan, maniféstase nunha implicación máis activa da Escola de Gaitas. As actuacións confirmadas son as de Susana Seivane, Budiño, a banda canadense La Bottine Souriante, os escoceses Battlefield Band, os leoneses Sog ou Wolfstone.

Festivais coma o Nordestazo Rock (Malpica, 18 de xullo) ou o Resurrection Fest (Viveiro, 31 de xullo e 1 de agosto), con Toy Dolls e Napalm Death, cadran no tempo co máis parecido a un Benicàssim galego: o festival de Paredes de Coura (Portugal, do 29 de xullo ao 1 de agosto). Nesta edición, á baixa, achéganse Franz Ferdinand, Supergrass, The Rascals ou Nine Inch Nails. Tamén unha icona pop, Jarvis Cocker, en loita contra o pasado.

Ata a fin do verán repiten datas, entre o 7 o 9 de agosto, o Alternavigo (vén Hamlet), o Castelo Rock de Muros, (Siniestro Total e Boikot) ou o Brincadeira de Ordes (Dios k te Crew e Los Reyes del K.O.). O XI Felipop, nos mesmos días, trae a Fene un cartel con Roger de Flor, os Azeitonas, Mamá ou Doctor Explosion. O Lolapop, último venres de agosto en Pontecaldelas, é outro dos festivais que resiste.

AS GRANDES CITAS

- FAX: Ourense, 19 e 20 de xuño. Los Suaves, Shantel & Bukovina Club Orkestar, Adanowsky.

- V FESTIVAL DE JAZZ IMAXINA SONS: Vigo, 25 de xuño-5 de xullo. Charles Lloyd, Miroslav Vitous, Napoleon Murphy Brock.

- CULTURA QUENTE: Caldas de Reis, 10 e 11 de xullo. Vive la Fête, New York Dolls.

- VI LEX LUTHOR WEEKEND: A Coruña, 10 e 11 de xullo. Los Granadians del Espacio Exterior.

- XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA: Ortigueira, do 9 ao 12 de xullo. Seivane, Budiño, La Bottine Souriante, Battlefield Band, Wolfstone.

- RESURRECTION FEST: Viveiro, 31-1 de agosto. Napalm Death, Toy Dolls, Ratos de Porao.

- PAREDES DE COURA: 29-1 de agosto. Jarvis Cocker, Nine Inch Nails, Franz Ferdinand.

- FELIPOP: Fene, 7 e 8 de agosto. Doctor Explosion, Roger de Flor.

- LOLAPOP: Pontecaldeas, 26 de agosto. Sidonie, Mendetz, Holywater.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_