INÉDITOS CON FIRMA
Soñei isto: viña un familiar a quen había tempo que non vía, unha tía, creo, e contábame unha anécdota sobre o meu avó. Eu non cheguei a coñecer o meu avó. O que pasaba era que estaba o meu avó na praia e había dous cangrexos que estaban a pelexar (a miña tía ou quen fose facía chas, chas cos dedos como se fosen as pinzas dos cangrexos) e o meu avó seguía a pelexa moi interesado, mais entón un dos cangrexos lanzaba unha pinza dunha maneira que estaba clarísimo que era un golpe baixo, non sabería dicir cómo, é o mundo dos soños, e ao meu avó entráballe semellante ataque de furia que se puña de pé e saltaba con todas as súas enerxías, unha pata movíaselle aínda nerviosamente cando o cangrexo xa estaba morto e iso era todo máis ou menos. Entón espertei e sorprendeume estar en Shanghai e o exceso de calor e de humidade, abrín unha fiestra e vin abaixo centos de chineses como leucocitos. Baixei comer: sinalei e e deron en ser polo fritido e uns fideos que me arderon no estómago como bombas de palenque. Os chineses son bastante similares, mais eu combinara para ir a unha festa cunha chinesa que se chamaba . Pola tarde fun pasear polo parque Yuyuan e estiven a mirar uns barcos con forma de cisne. As familias parecían divertirse horrorosamente para seren familias. Eu filmei algunhas flores e tamén algunhas familias e unha sebe podada como un dragón. Atopei a na rúa Zhengsu, fomos á festa e eu bebín cervexa e comín torta de gingko e despois servinme varios copos dun licor de arroz que sabía a whisky Dyc. só falaba chinés e era imposíbel conversar. Tratei de lle contar o soño sobre o meu avó por acenos: facíalle chas, chas cos dedos e supoño que ela non estaba a entender nada, mais parecía divertirse bastante. Quíxenlle dicir tamén que non sabía que o meu avó tivese un sentido da honra tan esaxerado. Non tiña nin idea de como dicir sentido da honra por acenos, puxen o dedo na barriga e fixen o xesto de facer o hara-kiri (o que implicaba unha concesión de 2.000 quilómetros: riu ás gargalladas en calquera caso). Logo estivemos a bailar na pista e nalgún momento chegou rodando rodando até os meus tenis un frasco de esprai contra violadores (a etiqueta estaba en inglés). Tratei de preguntar de quen era o esprai mais ninguén admitiu que fose seu ou ninguén entendeu a pregunta. Despois saímos ao balcón para fumar e miañoume algo na orella. Como estaba por alí Paul pregunteille o que significaba e díxome: estanque dos pexegueiros floridos. Fiquei mirando unha escena de Casablanca que estaban a proxectar nun rañaceos do outro lado da baía e volvín entrar á festa. Esa noite fodín con . Afortunadamente descubrín que tiña os pés normais e Shanghai pareceume de súpeto unha cidade máis bonita malia á polución e ao cheiro a fritura dalgunhas calexas. Pensei que estaría ben organizar unha excursión ao estanque dos pexegueiros floridos ese, mais que tería que ser outro día, en todo caso.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.