_
_
_
_
Luces

Autores fóra dos focos

Jerome David Salinger (Nova York, 1919) fai parte da tópica do autor que foxe dos focos. O vixía no centeo e os Nove contos son os esteos que chantou na literatura estadounidense antes de desaparecer furiosamente. Coas distancias debidas, Lois Xosé Pereira (Lugo, 1965) revelouse en 1985 co'As horas de carton, premio Xerais aquel ano. A vida vexetal (1992), "unha moi interesante novela" segundo o crítico Xesús González Gómez, foi a súa despedida do campo literario galego.

González Gómez rescata igualmente a Xe Freyre (Mondoñero, 1962), que en 1987 autoeditara a novela Cando o gato mira de esguello. E enumera unha serie de autores dos que apenas se volveu saber: Xosefa Goldar, Manuel Catoira, Antón Rodríguez Baixeras (O rei dos ameneiros) ou as Historias do 30 de febreiro (Emilio R. Gregorio, 1969).

A Farruco Sesto Novás cualificábao Méndez Ferrín, no limiar á Poesía enteira de Heriberto Bens, do "mellor poeta galego vivo". Os UPGpoemas, que mencionaba Ferrín, non acharon sucesor até Isolda, en 1990. Sesto Novás foi ministro do Poder Popular para a Cultura no Goberno de Venezuela e agora éo de Vivenda. Xesús González Gómez tamén invoca outros poetas da primeira etapa da colección Leliadoura, que el coordinaba para Sotelo Blanco nos 80: Derrapa e cae, de Xavier Santiago, ou os volumes en galego de Pilar Cribeiro. Nas promocións posteriores hai outros escritores de poemas con tendencia á desaparición. Amizade con Moglwi resultou a única e celebrada intervención de Cristal Méndez (Vigo, 1964) na poesía en galego.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_