_
_
_
_
NOTAS A RODAPÉ | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

De galego polo Brasil

Tiven a sorte de pasar as recentes xornadas das Letras Galegas por terras brasileiras, onde xa estivera noutras ocasións. Así e todo, desta volta tomaron corpo algunhas reflexións que me viñan dando voltas nos miolos. A visita ao Brasil non pode deixar de suscitar algunhas cuestións a un galego minimamente consciente, máis aínda se ten un chisco de familiaridade coa cultura e a sociedade brasileiras, e un pouco de apertura cara a un país e unhas xentes que resultan enormemente suxestivos a pouco que se afonde no trato. A final, como doutra maneira acontece en Portugal, un acaba por sorprenderse descubrindo canto se aprende da propia Galicia simplemente deixándose ensinar polo Brasil.

NO INSTITUTO CERVANTES DE SALVADOR DE BAHIA

Todo comezou por un convite do Instituto Cervantes en Salvador de Bahia, que, grazas á sensibilidade do seu director (non galego), leva varios anos celebrando o Día das Letras Galegas, e segundo me dixo, pensa seguilo facendo. Velaí un bo exemplo da apertura á pluralidade das Españas. É curioso observar como o ambiente brasileiro inflúe nos españois (castelán falantes) desprexuizados, ata o punto de que chegan a adoptar unha actitude receptiva cara ao galego, moi distinta dos reparos e desdéns con que aquí se nos mira. Lévoo constatado en repetidas ocasións.

Pero se cadra a presenza que máis me sorprendeu no acto de Salvador foi a do cónsul de Portugal, un lisboeta (subliño a procedencia meridional) que mostrou grande interese por todo o que alí se dixo, e, xa no viño posterior, se me achegou con especial simpatía, asegurando que non perdía ocasión de acudir a actos relacionados co galego. Na conversa que mantivemos, referímonos, como non podía ser menos, á cuestión do Novo Acordo Ortográfico luso-brasileiro, que xustamente acababa de aprobarse no Parlamento portugués, e tamén á participación no proceso dunha delegación de Galicia.

Nesa conversa expreseille a miña opinión sobre este punto. Para a miña idea, a Xunta e a Real Academia Galega deixaron pasar unha magnífica oportunidade para visibilizar o noso idioma diante da comunidade lusófona, explicando a súa posición sobre a situación do galego en relación con esta, e aproveitando para establecer contactos que poderían ser de grande utilidade para o futuro. Aclaro que non teño nada que obxectar a que fose convidada aos debates unha comisión representativa das asociacións reintegracionistas; áchoo mesmo lóxico. Pero coido que o reintegracionismo non ten lexitimidade para representar oficialmente o idioma galego nun foro internacional.

Por certo, nos contactos cos e coas lingüistas da Universidade de São Paulo, a impresión que recollín en relación co Novo Acordo Ortográfico é dunha case total indiferenza, unha actitude radicalmente distinta á que detectei na Universidade de Coimbra un mes atrás. Varias das miñas interlocutoras, profesoras universitarias, enteiráronse por min mesmo da noticia de que o Parlamento luso acababa de aprobalo. Tamén é certo que Brasil xa ratificou o acordo hai un tempo, e prevíase a súa inmediata entrada en vigor, sen os demorados prazos de transición que se acordaron en Portugal. Por parte, isto explícase doadamente, des que se ten en conta que o Novo Acordo practicamente consagra as opcións preferidas na ortografía brasileira desde décadas atrás.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

NA UNIVERSIDADE DE SÃO PAULO

Aproveitando a coincidencia da miña viaxe a Salvador coas xornadas próximas ás Letras Galegas, os responsables da cátedra de Estudos Galegos da Universidade de São Paulo (USP), que comezou a funcionar este mesmo curso (que alá se iniciou en marzo), decidiron convidarme para dar a conferencia inaugural. Tratouse dun acto realmente extraordinario, tanto para min coma para a maioría dos asistentes, segundo moitos deles me manifestaron. Nunca nas miñas conferencias (xa non escasas) en universidades europeas e americanas tiven a percepción dunha acollida tan entusiasta. Esta receptividade non só se podía medir polo masivo número de asistentes (docentes e estudantes, ademais dalgúns membros da comunidade galega), mais polo elevado nivel e a viveza do prolongado coloquio posterior, inzado de interrogantes e observacións moi pertinentes.

Estou convencido de que a cátedra, hospedada nunha das universidades máis importantes de América Latina (no corazón dunha das urbes máis populosas do mundo, e a capital económica de América Latina), está chamada a xogar un papel estratéxico na proxección exterior da lingua e cultura galegas. Merece, pois, todo apoio da Xunta e das entidades culturais do noso país. Por certo, noutra ocasión teremos azo para tratar do asunto das cátedras e lectorados de lingua e cultura galegas no exterior, da súa importancia e da necesidade dunha política de promoción do seu labor ao tempo máis ambiciosa e mellor aquilatada.

O suceso deste acto resultou a confirmación máis rotunda dunha impresión que se me viña apuntando desde as primeiras visitas ao Brasil: a ausencia de preconceptos con que alí se acolle ao galego, en contraste cos reparos que adoito suscitamos en Portugal. Quizais isto se explique pola cultura flexible no tocante ás cuestións relacionadas coa norma e a corrección lingüísticas que impera no xigante americano.

A acollida dun galegofalante por parte do portugués medio está mediatizada por unha chea de presuposicións acerca do idioma que debe falar un español, da identidade idiomática do galego (portugués mal falado? castelán raro? algún dialecto exótico?), da pertinencia de utilizar modalidades lingüísticas non oficiais na comunicación formal, etc. Esas expectativas pexan moito menos o brasileiro medio, e unha vez que un explica que fala galego, cun pouco de esforzo de adaptación da boca e o oído, a comunicación flúe sen grandes problemas. De feito, no Brasil non existe unha única modalidade lingüística consagrada como modelo para a fala culta, mais corren distintas subnormas bastante diferentes unhas das outras. Doutra banda, as diverxencias idiomáticas do brasileiro común falado con respecto á norma culta portuguesa son moi notables. E certos puntos, esas diverxencias achegan o brasileiro e o galego, o que facilita a mutua comprensión.

COS EMIGRANTES EN SANTOS

A xeira polo Brasil aínda me deparou unha experiencia moi intensa, que foi o encontro co comunidade emigrante de Santos, unha fermosísima cidade costeira veciña á capital paulista. Santos, porto comercial de São Paulo, foi punto de chegada de moitos emigrantes europeos (entre eles os galegos) ao Brasil. Escoitar os versos do poema Adiós ríos, adiós fontes á calor dun grupo de paisanos nosos resultou unha catarse.

Posteriormente, entre relatos de peripecias abraiantes e anécdotas conmovedoras, aldraxes contra o anterior vicecónsul de España (que tiña marcadas en vermello as fichas dos supostos roxos que gardaba no consulado), fomos enteirados da magnífica marcha da iniciativa Fillos de Galicia no Brasil, que a traves da rede convoca anualmente a centos de compatriotas nosos (cada ano máis e máis). Finalmente, recibimos como condecoración unha camiseta que redondea o nome desa asociación internáutica co rotundo subtítulo Nación mundial. Ei da puxa!

Brasil, Brasil, cando deixaremos os galegos de pensarnos como un pequeno e escuro recanto da España e comezaremos a aceptarnos como unha ponte entre as dúas beiras do océano?

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_