_
_
_
_
_
Reportaje:Luces

Anacos de realidade en Tui

Play-doc afiánzase entre as citas destacadas do documental en España

O vindeiro mércores érguese o telón dunha nova edición do festival de documentais Play-doc, que se celebra en Tui por cuarto ano consecutivo. En moi pouco tempo, a localidade pontevedresa consolidouse coma unha citas imprescindibles do calendario español de certames dedicados a este xénero pioneiro no mundo do cine. Moitos dos grandes festivais de cine que se celebran en España están abrindo seccións específicas sobre o documental debido ao crecente interese que está a espertar este tipo de filmes nos últimos tempos.

Sara García, codirectora do Play-doc, sinala que o obxectivo desta edición é intensificar a aposta pola calidade e seguir aumentado o número de persoas que cada ano se achegan a Tui para asistiren ás proxeccións e actividades alternativas do festival. "Cada ano rexistramos un incremento de público dun 30% e agardamos repetir o mesmo nesta edición Somos un dos poucos certames que hai en España dedicados especialmente ao documental de creación. ", apunta García.

Un dos momentos culminantes será a clase maxistral de Lech Kowalski

O criterio dos programadores de Play-doc foi seleccionar para a sección oficial algúns dos documentais que acadaron máis repercusión nos festivais internacionais celebrados no último ano. Películas de Israel (Hotel 9 estrelas), Rumanía (No te enfades, pero...), España (Septiembres), y Francia (El papel no puede envolver la brasa e El jardín de Jad) son as elixidas para a categoría de longametraxes e reflicten a variedade de temas e escenarios que poderán verse nos documentais que forman parte do festival. O gañador obterá un premio de 5.000 euros.

As outras seccións competitivas son as dedicadas ás curtametraxes, á animación, e aos documentais feitos en Galicia. García explica que este último apartado permite mostrar que o documental non é simplemente un xénero que consiste en realizar un relato obxectivo dalgúns feitos. "Máis ben trátase de todo o contrario. O documental consiste en proxectar unha mirada subxetiva sobre a realidade e iso queda patente nas pezas de animación". A figura convidada nesta edición é o realizador de orixe polaca Lech Kowalski, que comezou a súa carreira na industria do cine porno e, posteriormente, consagrouse cun documental sobre a xira americana dos Sex Pistols (Dead On Arrival) a principios dos anos 80.

No festival poderá verse a triloxía The fabulous art of surviving, na que Kowalski explora as súas raíces no leste de Europa. Un dos momentos culminantes do certame será a clase maxistral que ofrecerá o realizador o sábado día 15. "Kowalski é un dos referentes do cine independente actual e a súa presenza é un dos grandes atractivos da edicion deste ano", afirma García.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Outra das seccións máis agardada do festival é a dedicada aos documentais que falan sobre a violencia machista, con filmes coma Bajo Juárez, la ciudad devorando a sus hijas, dos mexicanos Alejandra Sánchez e José Antonio Cordero, e Tengo miedo, da polaca Karolina Bendera. O prezo das entradas non será un obstáculo para aqueles que desexen disfrutar de cinco días de cine independente en Tui. As entradas para cada unha das sesións costan dous euros, e pode mercarse un abono para asistir ao festival completo por 18 euros.

'Que parezca un accidente'

Play-doc acollerá, dentro da súa sección dedicada a documentais musicais, a estrea do filme Que parezca un accidente, no que se narran os 25 anos de historia do grupo máis famoso da escea do pop-rock galego, Siniestro Total. Concertos, grabacións de discos e rodaxes de vídeoclips son algúns dos materiais empregados polo realizador Mikel Clemente para reflectir as aventuras do grupo vigués. Trala exhibición da película no festival terá lugar un concerto da banda encabezada por Julián Hernández. A actuación celebrárase o sábado, día 15, na sala Metropol de Tui.

Outra das citas musicais do certame será a actuación da banda de gipsy jazz The Rosenberg Trio, herdeira do estilo que inmortalizou Django Reinhardt e que estará o venres 14. A súa presenza en Tui débese ao documental Jimmy Rosenberg, the father, the son & the talent. Os músicos senegaleses Cheikh Baye Fall e Jac Keita porán o peche musical ao certame cun concerto entrega de premios do domingo 16 no teatro da Área Panorámica de Tui, sede central do festival.

A presenza galega estará centrada na nova sección competitiva para os documentais producidos na comunidade autónoma. Memorial de Camposancos, de José Ballesta e Miguel Anxo Fernández; It22 Radio La Colifata, de Carlos Larrondo; Destino a festa, de Jorge Algora, e Pic-nic, de Eloy Enciso, competirán polo premio ao mellor documental galego. Sara García destaca que nestes momentos hai moita produción de documentais en Galicia que, con toda seguridade, terá presenza na edición do vindeiro ano do Play-doc, unha cita que segue collendo pulo.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_