_
_
_
_
Reportaje:Luces

As incógnitas de Arco 08

As galerías galegas acoden a Madrid con dúbidas ante a nova etapa da feira

Unha sensación na que se misturan o temor e a expectación é a que predomina entre as tres galerías galegas que a vindeira semana participan na feira madrileña de arte contemporánea Arco, unha das citas máis importantes do ano para o mercado da arte en Europa que nesta ocasión presenta un formato novidoso e unha ubicación distinta á que tivo nos últimos anos no recinto ferial de Ifema en Madrid. Despois dunha polémica que aínda persiste pola exclusión da feira de moitas galerías que estiveran presentes nas anteriores edicións e que quedaron fóra do programa deste ano co argumento de facilitar unha maior internacionalización da feira. Dúas galerías galegas, a ourensá Marisa Marimón e a compostelá SCQ, sufriron as consecuencias desta nova política de admisión.

"Este ano imos á feira moi asustados, tanto polo novo formato coma pola incerteza das consecuencias que pode ter o anuncio dunha crise económica que repercutiría no mercado. Ninguén vai contento a Arco este ano, a diferenza do que ocorría noutras edicións", sinala Asunta Rodríguez, a responsable da galería compostelá Trinta, que nesta edición cumprirá 23 anos de presenza na feira. "A verdade é que este ano hai 26 cadáveres de galerías que quedaron no camiño e todas elas poderían estar presentes sin rebaixar a calidade da feira", explica Rodríguez, que tamén apunta que hai moita incertidume sobre o que pode pasar o ano que vén "cando poderían quedar fóra máis galerías, e habitualmente as máis perxudicadas son as da periferia". Trinta estará presente na feira no espazo denominado Arco 40, no que se presentan traballos de artistas realizados nos últimos tres anos. Esto no es pop, do catalán Carlos Pazos, é a proposta elixida por Trinta, que decidiu presentar o proxecto dun un único artista no seu pavillón da feira madrileña.

Tamén en Arco 40 terá o seu espazo a galería viguesa Bacelos, que presentará obras da fotógrafa coruñesa Victoria Diehl, da escultora portuguesa Catarina Campino e da artista madrileña Laura Torrado. Pepa Gómez, responsable da galería, amósase optimista ante as posibilidades de realizar boas vendas durante a feira, aínda que apunta a existencia de dúbidas sobre o que vai a acontecer en vindeiras edicións, despois dun cambio "tan radical" coma o que sofre o feira neste ano.

A única galería galega que forma parte do programa xeral de Arco 08 é a viguesa Ad Hoc, que presentará pezas de 14 artistas entre os que se atopan os galegos Xoán Anleo, Suso Fandiño, Carme Nogueira e Jorge Perianes, ademáis dos portugueses Rui Calçada y André Cepeda. A directora de Ad Hoc, Inés Ramiro, confía en que os indicios de crise económica non afecten á feira xa que a arte está nun bo momento e as grandes vendas non se están a ver afectadas polo impacto da crise. En todo caso, salienta que a presenza en Arco é moi importante para galerías coma a súa xa que "se as vendas son boas, iso permite ir a outras feiras e dar a coñecer aos nosos artistas fóra de España".

A presenza galega nesta edición de Arco complétase con algúns artistas que estarán presentes con obras nos pavillóns doutras galerías de fóra de Galicia. Ademáis, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) comprará na feira obra por un valor superior aos 200.000 euros, unha cantidade algo inferior á da edición de 2007 (280.000 euros) xa que este ano o centro realizará máis adquisicións noutros eventos.

Entre as compras que xa están pechadas antes do inicio da feira atópanse pezas dos artistas Waldemar Cordeiro, José Damasceno, Jack Leirner e Mauro Restiffe. Todas elas foron adquiridas a galerías brasileiras que estarán presentes en Arco. Brasil é o país convidado pola feira para a edición deste ano.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_