_
_
_
_
BOTELLA AO MAR | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Chico Buarque, Jesús Vázquez e Os Tonechos

HAI HORAS PERIGOSAS, esas que nos collen coas defensas baixas. Son tremendas, tiran con un abaixo.

A HORA METAFÍSICA é unha desas. Os domingos pola mañá, cando a semana está suspendida e aínda non tomamos o segundo café, hai unha hora metafísica e tómanos a debilidade da melancolía: "E se mandásemos todo á merda. A todo, a todos, todo."

A COVARDÍA rescátanos. Axudada coa segunda taza de café e uns golpiños de ánimo no lombo, "ánimo, anda..."

COBIZA, a do público dun ídolo musical, alí todos con cámaras dixitais a tirarlle fotos, cravándolle mil flashes. Roubándolle mil imaxes, mil cachos.

ENVEXA DO CHICO BUARQUE, que tiña o que lle faltaba ao pobre Hölderlin, que se retorcía impotente, mentres o Chico Buarque é visitado suavemente pola graza.

CATALANISMO LINGÜÍSTICO, xa que os galegos non nos é dado o estarmos integrados no noso espazo lingüístico, o do Chico e Vinicius por así dicir, pois procuremos logo o catalanismo, digamos Barça e máis Ronaldinho (ai, este non é catalán). Nós non podemos chamar Çee ao pobo de Çee, témoslle que chamar Cée.

'MIRAXES' na nosa televisión. Pasma un pouco a vitalidade da cultura que se anda a facer. Sorprende. Como se fose un programa doutra televisión que falase doutro país.

Unha mesma cidade, un mesmo país pode ser imaxinado de moitas maneiras. Temos de aprender a vérmonos doutra maneira, menos curas da parroquia e máis xente libre.

MORRER ESTÁ FEO. Vivimos moito máis: a dieta, a sanidade pública, o iogurt, o chándal... A morte deixou de ser cousa familiar, énos algo extraño que non aceptamos polas boas. Morrer hoxe é unha falta de educación, algo sucio (débese evitar por todos os modos).

(TAMÉN TER MEDO ESTÁ FÓRA DE MODA) O SACAÚNTOS, era a chegada do terror pánico ás rúas da cidade. O Frautista de Hamelin. O terror chegado do mundo salvaxe ás nosas rúas alumadas con electricidade.

A RÁ ERA UN PRÍNCIPE. Jesús Vázquez, o guapo de Ferrol, de rapaz era un parruliño feo: foi vivir a Madrid e na escola facían burla del porque era groso, pitoño e galego. Os rapaces chamábanlle "vaca gallega".

Debeu haber algún momento no que unha princesa compasiva lle deu o seu beixiño máxico. Temos poucos príncipes amabeis e abondos badocos.

AGORA QUE SE ME OBRIGAN A ESCOLLER... prefiro Os Tonechos aos Morancos. Non lles é por patriotismo ou por racismo ou cousa así, débelles ser por antropoloxía que ás veces me fan rir (ninguén é perfecto de todo).

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_