_
_
_
_
Luces

Os escritores recollen verbas "en perigo de extinción"

"Hai tres anos, nun inverno moi cru, baixaba pola Praza Maior, en Lugo, cunha néboa mesta", relata o escritor Isidro Novo, "e ao mesmo tempo, cunha intensa xeada. Caía ese orballo fino, pero ía tanto frío que se conxelaba antes de tocar o chan. Pois non era que nevase néboa, senón que cencellaba". O verbo cencellar, que lle foi revelado a Novo polo escritor de Castro Caldelas Xerado Méndez, aínda sobrevive en zonas de Ourense mais non figura nos dicionarios de galego. Se cadra naquel intre comezou a formentar na cabeza de Isidro Novo a idea de Palabras con memoria, unha iniciativa canalizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que pretende crear "un banco de palabras en desuso (e polo tanto en perigo de extinción)".

"A idea falámola entre un grupo de socios da AELG hai como cousa dun ano", lembra Isidro Novo, que propuxo e coordina o proxecto, "e no Galeuzca de Lugo retomámolo". O proceso de maduración demorou uns meses, até definir os obxectivos de Palabras con memoria no "afán de recuperar palabras e poñelas de novo en vixencia e nos dicionarios". "É que queremos desafiar iso de que a palabra que non sae no dicionario non existe", opina, "mais é o dicionario o que debe ser escravo do idioma, non ao revés".

Retroalimentación

O mecanismo de Palabras con memoria comezou cun envío aos escritores socios da AELG no que Isidro Novo pide palabras das que exista memoria real. "Tamén teñen que contribuír con outras características que poidan traer algo de luz a cada palabra", expón Novo, "como o lugar onde se emprega ou a orixe, se se sabe". Cada envío de escritores é reenviado aos asociados coa intención de "incentivar" o fluxo de termos. "Utilizaremos as palabras que manden como reclamo, para que as xentes da rúa, todo o mundo, propoña as súas".

Aínda que o plan inicial se limita á compilación de léxico, os promotores de Palabras con memoria teñen a "idea difusa" de elaborar un "dicionario para escritores". "Na nosa literatura existen verdadeiros mestres na recuperación de palabras", afirma Isidro Novo, "como Bieito Iglesias, que ademais da súa función propiamente literaria, contribúe a que moitos termos non se perdan". A AELG habilitou para a inciativa o enderezo electrónico palabra.con.memoria@aelg.org.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_