_
_
_
_
Reportaje:DO TRINQUE | Luces

Autoxestión, 'indies' e bizarros

Tras a carreira de cada Nadal, o ritmo de produción dos selos galegos e os biorritmos dos músicos acompásanse. Fóra da edición máis ou menos tradicional, xa chegou ás tendas o traballo conxunto dos composteláns Jiménez del Oso e de Coprolitos, unha banda madrileña de punk tradicional.

Rafael Anido, fundador da banda galega, fala da posibilidade de acabar xerando unha caste de recopilatorio Galician Bizarre, do que xa poderían formar parte bandas como Novedades Carminha, Les Telephones Rouges ou Los Santos. Á falta de popularizar o surf ou o phsycobilly autóctonos, co punk de etiqueta matriz, Anido fala do bizarrismo actual en Galiza. "Personaxes coma o alcalde de Negreira, Cañita Brava ou Pérez Varela son elementos cool e inimitables que sempre teñen algo de nós, e que por tanto debemos admirar".

Rafael Anido quere facer un disco recopilatorio do 'Galician Bizarre'
Som do Galpom debutan cun batoallo de reggae, funk e rap

Desde A Moniña, unha aldea preto de Compostela, chega tamén o primeiro traballo de Som do Galpom. Un batoallo de reggae, funk e rap con violín, en galego, que empezou a callar despois de máis de trinta concertos por todo o país. O grupo venderá os seis temas do disco homónimo nos concertos, "como colectivo autoxestionado que somos".

Outras propostas para abrir o ano saíron nas últimas datas do Nadal. Unha é Funksiona, o primeiro EP dos vigueses Phantom Club (Elisong Producciones), sete temas de rock e funk con boa distribución, 2.000 copias, e colaboracións de Javier Vargas, Víctor Coyote, o arxentino Claudio Gabis ou o que fora cantante de Snoop Dog, o rapeiro Keyd. O californiano gravou vía Internet, a dúo con Nena Seila, a rapeira de Teis, o tema Rap amb ímpetu. Con raíces en Vigo, Tui e Bos Aires, a dinámica desta banda excede as dimensións dunha produción independente galega. A xira de presentación comeza en Portugal, pero contan acabar en Arxentina.

Tamén está á venda Esperanza (Dos Acordes), do gaiteiro Xosé Luís Miguélez. Despois de ter participado en máis dunha ducia de gravacións alleas, o que fora o primeiro instrumentista de gaiota titulado superior en Música Tradicional de toda a península decidiu gravar co seu nome o concerto de fin de carreira. En Esperanza, adicado á súa nai, o ourensán repenica nun rexistro culto contemporáneo para a gaita galega. Colaboran, entroutros, Pablo Diago (piano) e Lucía Martínez (percusión e vibráfono).

Dylan versioneado

As novas agradables máis choqueiras chegan de Ferrol, onde o músico e cantante Roger de Flor estreou en rede o seu videoclip Una desconocida más, unha versión ben íntima do clásico de Dylan Simple twist of fate. Tamén chegaron a Ferrol os do célebre catálogo de Bon Vivant Records: Bang 74 será unha das 22 bandas que integren o noveno volume da súa serie Megatón Yeyé. La nueva aristocracia pop.

Nas concorridas marxes do xénero, outra das novidades é Pop?, segundo EP dos ponteareáns Capitán Furilo, xa dispoñible na páxina web d'A Regueifa Plataforma. Ao fío, se é cuestión de pop, este mes hase publicitar o cambio de rumbo de Niño y Pistola, a banda que editara en 2006 Como un maldito guisante (Mulberry Records). Culebra, o seu segundo disco, sairá o 18 de febreiro en Astro Records. O selo de Josiño Carballo prepara tamén as outras entregas da súa cota galega: Jugoplástika e os agardados Holy Water.

O derradeiro agasallo de Nadal chegou a semana pasada: o primeiro disco de La Rosa, un dos elos perdidos do rock galego. O álbum, que leva o mesmo nome que o grupo, foi concibido nun aserradoiro da Rúa en 1989, cos apoios de Josele Santiago e Fino Oyonarte na produción e xa se pode descargar de balde desde El corazón de los pájaros, o blog de Magín Blanco.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_