Budiño, Triángulo e Nao preparan o inverno
Mushroom Pillow, o selo madrileño de orixe galega, decidiu requentar as primeiras faíscas de Triángulo de Amor Bizarro para facer un disco de caras B. Malia que os coruñeses están a preparar o disco do ano que vén, El hombre del siglo V permite escoitar as cancións do álbume de debú tal e como as concibiron, co engadido da inédita Pantalones abajo marinero.
"Nós queríamos facer un single con algún tema inédito, pero Mushroom decidiu recuperar as maquetas", conta Isabel Cea, a baixista do grupo. No traballo, que xa está nas tendas, sobrancean secuencias sonoras que o grupo decidiu excluír do disco de 2008. "Traballo é o do andamio", di Cea, "pero tampouco nos podemos relaxar". A insistencia de Mushroom en situar a banda entre algunhas das cepas nobres do vello rock alternativo, facción noise (falan dos primeiros ensaios de Jesus & Mary Chain no trazo publicitario) non azouga de momento aos boirenses, que fan chanzas ao respecto.
Outro que tamén saíu fóra este mes foi o ex Blood Filloas Daniel Alonso, Boy Elliott, seleccionado no concurso ContraIndie Canciones que organizou a sala madrileña Contraclub a comezos de novembro. Polas mesmas datas, os arousáns Cornelius quedaron terceiros na final española do III GBOB Challenge, o certame internacional para bandas que asoman.
Entre as novidades discográficas do mes, un retorno á terra: os estradenses Nao, banda na que derivaron algúns dos últimos compoñentes de Xenreira, autores hai xa unha década de Érguete, carta fundacional do rock irmandiño na época bravú. As palabras espidas, primeiro longo tras dúas maquetas de demorada dixestión, chega con produción de Kaki Arkarazo, ex Negu Gorriak e Nación Reixa. A xira comeza hoxe en Ourense. Desde outra xeira, a primeira obra de Mou, un dos catro mc's dos ordenses Dios Ke te Crew. A taberna de Moe, vol. 1, que se distribúe de balde na mesma páxina, é un proxecto máis persoal onde Mou mestura coma un colaxe sampleos, sintetizadores e caixa de ritmos. Entre os convidados forman Dj Kaze (Vinilo Keepers), Hevi (Malandromeda e Non Residentz) con Dj Beware, MVP (Circo Records) e o resto do colectivo Dios Ke Te Crew.
A outra gran aposta de Falcatruada é Home, do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, á venda en formato dixital a partir da semana que vén. Dez anos despois de Paralaia, entre os mellores álbumes daquel 1997 para Folk Roots, o gaiteiro moañés asume novamente todas as composicións, con achegas de Jorge Pardo, Jacky Molard, Paco Charlín, Mercedes Peón, Reixa, Kepa Junquera ou Xoel López, voz en Ollos de sal. O lanzamento do disco, xa esmiuzado no Womex de Sevilla, marca o inicio da nova xira de Budiño. Desde Escocia (Celtic Connections de Glasgow a comezos de 2008) a Xapón e México.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.