Incomodidades e ansiedades
- PARADOXO NOTURNO: as luces cegan. Houbo un tempo no que a xente sabiamos andar de noite á luz do luar, agora afixémonos ao alumado público, luces en todas partes. E cando falla a luz non vemos, alarmámonos todos. Somos dependentes da luz eléctrica, adictos á electricidade. Estamos ceguiños, por terlle tanto medo ao escuro.
- NUN EDIFICIO HERMÉTICO. Algúns arquitectos soñan os nosos pesadelos. Encerrado nun cuarto hermético, ar condicionado e xanelas que non abren. Repentino desexo de fuxir.
- O INCOMODADOR. Hai quen escribe para reafirmar e confortar ao lector e hai quen escribe para disturbar, incomodar. Acomodadores e incomodadores, todos nacemos dalgunha maneira.
Así e todo ter nacido para incomodar e non para confortar non é un destino amábel.
- ESE MOZO QUE VEN DO XIMNASIO E TRAE PERNAS DEPILADAS
... Alá vai o mundo! Onde van aqueles machotes que viñan da mili ou da lexión co peito tautado? Mecagoental! Xa non hai homes! Vivan os peludos!
- NACIONALISMOS: Hai quen di que "tan gallego es gallego como el castellano". E logo será tamén que tan castellano el castellano como el gallego? Quérese dicir que nós temos a obriga de saber falar castelán, os castelán falantes terán unha obriga semellante? Se non é así iso é o que Samir Amin chamou "intercambio desigual": relacións coloniais. E Franz Fanon chamou "autoodio".
- OUTROS NACIONALISMOS: Mais por estes pagos sempre falamos dos mesmos nacionalismos, galego, catalán, vasco e o nacionalismo dos que critican a eses nacionalismos. Mais case todo o mundo bebe a mesma auga: os portugueses e as súas ansiedades.
- ANSIEDADE PORTUGUESA: O Saramago segue imaxinando o Portugal coas súas alfándegas e os seus escudos. Vai embora todo, mais el aínda imaxina iso, a nosa patria é o pasado, a nosa imaxinación vive sempre alí. E anuncia a disolución do estado nación portugués nunha federación hispana ao redor de Madrid. E os portugueses alporízanse.
Non saben que en Madrid tamén se alporizan porque ven que España vai desaparecer, etc. Mesmo alarman porque disque a Galiza se vai portugalizar. Vaites. Vivimos todos angustiados.
- SE HAI QUE SER NACIONALISTAS, xa postos, pois escoller un nacionalismo que dea alegría sen menosprezo dos demais. Eu gusto da ledicia que sinten os brasileiros por seren brasileiros. Non sei porque están contentos, mais estano. Non lles hai que facer. Non teñen medo a facer un disco de cancións que se chame Viva Brasil!, como a grande Tania María. Que linda música. (Estes brasileiros están tolos).
Ao lapis acabóuselle a tinta.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.