_
_
_
_
_
Reportaje:DÍAS DE DANZA | LUCES

Bailando entre igrexas

'En Pé de Pedra' cumpre doce anos levando a danza contemporánea ás rúas de Santiago

As rúas do casco vello de Santiago volverán encherse a vindeiro fin de semana cuns persoeiros que se dedican a contar historias cos seus corpos ante os ollos de milleiros de persoas que pasean pola cidade. Durante tres días, prestixiosas compañías de distintas partes de España e de países tan diversos coma Austria, Francia, Portugal ou Xapón achegarán ó público as últimas tendencias da danza contemporánea, unha disciplina aínda moi minoritaria en Galicia, malia que nos últimos tempos está a rexistrar un novo pulo coa creación do Centro Coreográfico Galego e co éxito que están a alcanzar, dentro e fóra da comunidade, compañías coma Pisando Ovos ou ExperimentaDanza.

O festival En Pé de Pedra é un bó exemplo de cal pode ser o camiño para popularizar a danza. Na última edición perto de 16.000 personas asistiron aos diferentes espectáculos que se celebraron nos espazos públicos de Santiago. O feito de que actuacións sexan gratuitas é un dos atractivos do certame.

"O éxito do festival coincide cun momento ilusionante para a danza en Galicia"
"A falta de financiamento é un obstáculo importante para seguir medrando"

"O noso obxectivo cando puxemos en marcha o festival hai doce anos era o de sacar a danza á rúa. Tratabamos de facela máis accesibel para a xente, e a mellor forma de conseguilo era bailar na rúa para que o público compróbase cos seus propios ollos que a danza contemporánea non é un espectáculo elitista", explica Ana Vallés, a directora de programación do festival e responsable durante anos da compañía Matarile Teatro e da sala Galán de Santiago, que foi o punto de inicio de En Pé de Pedra.

Ata o ano pasado, cando pechou as súas portas, a Galán era o único espazo da capital galega que programaba con regularidade espectáculos de danza contemporánea, pero tivo que desistir pola falta de apoios económicos. "Non podíamos manter o espazo aberto na precariedade na que estábamos", sinala Vallés. Durante o festival a sala reabrirá temporalmente as súas portas para acoller un taller de danza que dirixirá a coreógrafa austríaca, de orixe xaponés, Akemi Takeya, e a representación da compañía portuguesa Ana Martins. Como é habitual nesta cita a maioría das actuacións celebranse ao ar libre, pero algunhas montaxes - o xa citado de Ana Martins e o que traerá a Santiago a compañía madrileña Daniel Abreu- requiren realizarse en teatros. O de Abreu escenificarase no Salón Teatro.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Vallés recorda que os primeiros anos foron difíciles, con pezas nas que apenas se reunían unhas ducias de espectadores, mentres que na actualidade as rúas e prazas de Santiago en ocasións fican pequenas para os centos de persoas que acoden a ver cada un dos espectáculos. En Pé de Pedra converteuse nun espectáculo ao que veñen directores doutros certames que se celebran en distintos puntos de Europa para elixir ás compañías que van programar. Durante a edición deste ano o festival incluirá montaxes que se presentan por primeira vez en España, coma o da compañía austriaca Tanzverein Erdberg.

O éxito que está a alcanzar En Pé de Pedra nas súas últimas edicións coincide cun momento "amable e ilusionante" para a danza en Galicia. Segundo Vallés, agora é posible para un bailarín que comeza desenvolver a súa carreira sen sair fóra, fronte ó que acontecía hai poucos anos. Nesta liña destaca que o Centro Coreográfico Galego está a apoiar a realización de coproduccións con compañías privadas e organiza cursos de formación aproveitando os espacios que programan danza con regularidade, como ocorre no caso da propia sala Galán que sigue a funcionar como centro de formación malia que xa non fai programación cara ao público.

A intención dos organizadores do festival de danza máis importante que se celebra en Galicia é seguir medrando nos vindeiros anos, sempre que as limitacións de finanzamento o permitan. Neste ano o presuposto inicial, que chegaba ata os 150.000 euros, tivo que recortase ata os 90.000, unha cifra lixeiramente inferior á rexistrada o ano pasado. Malia este escaso presuposto, En Pé de Pedra é un dos festivais de danza ao aire libre máis importantes dos que se celebran en España, e tan só outros dous de similares características levan máis tempo funcionando: o Dies de Dansa, que se celebra no mes de xullo en Barcelona, e o Mes de Danza que ten lugar cada novembro en Sevilla.

"A falta de financiamento é un atranco importante para seguir medrando", explica Vallés, quen considera "insuficiente" o apoio que as distintas institucións públicas prestan ao festival. "Gostaríanos que o festival encargase produccións propias para presentar en Santiago pero coas limitacións presupostarias actuais resulta imposible", sinala a directora de En Pé de Pedra, quen tamén suliña a necesidade de que as actuacións sigan sendo gratuitas no futuro para non levantar barreiras entre o público e os bailaríns. "O obxectivo do festival é o de converter a danza nunha festa e que a relación entre os que bailan e os que ollan sexa o máis directa posible", insiste Vallés.

Durante os tres días que dura o festival, actuarán un total de nove compañías e cinco bailaríns en solitario que forman parte do ciclo Puro e duro, dedicado aos artistas mozos que presentan coreografías dentro do certame. Este ano non haberá compañias galegas no programa aínda que catro dos cinco bailaríns que participan en Puro e duro son galegos. Trátase de Uxía P. Vaello, Estela Lloves, Diego Anido e Anuska Alonso. A canaria Laura Marrero completará o programa desta sección do festival.

En canto as compañías que integran o programa principal haberá dúas austríacas (Tanzverein Erdberg e Akemi Takeya), unha francesa (DACM), unha xaponesa (Hisako Horikawa), unha portuguesa (Ana Martins) e catro españolas (Raravis, El Bailadero-Mónica Valenciano, Caperucita Poco Animal e Daniel Abreu).

Nesta edición do festival abriránse novos espacios coma a Igrexa da Universidade, que será escenario da actuación da compañía francesa DACM.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_