_
_
_
_
Reportaje:DO TRINQUE | LUCES

Buscando historias nas fronteiras

Varios documentais recentes afondan enaspectos relacionados cos lindes territoriais

"O tema das fronteiras é moi interesante, porque aínda que agora non existen, neses territorios hai un modo de ser e un xeito de entender a vida". É a opinión de Víctor Coyote, un prolífico creador coñecido nos ámbitos da música, o debuxo ou o deseño gráfico, que acaba de debutar por partida dobre, como director de documentais. Coyote vén de realizar dous filmes relacionados co espazo fronteirizo que existe entre Galicia e Portugal: Contrabando e Só concertinas, ambos os dous producidos pola recén creada Alén Filmes. No primeiro deles, estreado con éxito recentemente no Play-Doc de Tui, o realizador tudense afonda na realidade histórica e sociolóxica do contrabando, "a industria fronteiriza máis importante que houbo durante décadas", como indica o historiador Ignacio Gago. No seu documental, Víctor Coyote vai narrando as relacións entre os contrabandistas galegos e portugueses, a corrupción, ou ata o tráfico de persoas, nunha época de miseria e opresión, marcada polas ditaduras de Franco e Salazar, e no que os portugueses tiñan prohíbido saír do país.

"A min interésanme todas estas historias, porque con tanto afán globalizador, corremos o risco de que os temas locais ou de zona sexan engulidos polo global", explica Víctor Coyote, que en breve estreará tamén na TVG, Só concertinas, un traballo sobre este peculiar acordeón da zona miñota, "que é como unha orquestra portátil", segundo explica un dos músicos portugueses. "A veces, a xente estránase mais de que exista a música das concertinas, que a música do Tibet", afirma este realizador e músico, que tratou de mesturar no seu documental este popular instrumento portugués, con músicos galegos de diferentes estilos, que van desde os indies de Niño y Pistola, Uxía ou os rapeiros tudenses GCA. Pero, sen dúbida, un dos momentos estelares é a actuación nocturna, na vella ponte internacional de Tui, dun exército atronador de bombos portugueses, acompañados das guitarras de Julián Hernández, Pablo Novoa e o propio director, nunha mestura musical tan sorprendente como inclasificable.

Coyote ten previsto seguir traballando en historias que acontecen nesta zona, e xa está a preparar outra algo mais xenérica: "O seguinte capítulo serán os minicoches, así falaremos da raia desde unha perspectiva diferente, con algo que non é propiamente típico da zona".

Esta curiosidade polas fronteiras culturais alén dos lindeiros administrativos é a que moveu tamén ó xove realizador vigués Rubén Pardiñas. para estrearse no xénero documental. En Fronteiras, Pardiñas tenta achegarse con obxectividade a un tema tan vello como irresoluble: os límites xeográficos da língua galega en Asturias, León, Zamora ou Portugal. No documental aparecen opinións de personaxes tan dispares como académicos asturianos e galegos, músicos, historiadores ou políticos como Manuel Fraga ou Xosé Manuel Beiras. Pero, sen dúbida, hai dous personaxes que, por antagónicos, eríxense en protagonistas do filme: o ex presidente da Academia Asturiana da Llingua, Xosé Lluis García-Arias e o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín. Nun momento do documental, García-Arias fai referencia a "un vello afán de expansionismo lingüístico dalgún tipo de galeguismo, que pretende recrear unha vella Gallaecia". Na contraréplica da montaxe, Ferrín maniféstase con ironía: "Si home si, estamos nós para ser imperialistas. Aínda non conseguímolo noso, e imos conseguir o que non é noso".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_