_
_
_
_
Entrevista:IGNACIO VARELA | Xerente do Consorcio Audiovisual | LUCES

"O cine desde aquí só se pode facer con coproduccións"

Ignacio Varela é o director xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, unha institución que vén funcionando desde hai oito anos. Entre os seus obxectivos están a realización de accións formativas para os profesionais do sector e a procura de fórmulas de coproducción, que nos últimos anos están a ser moi utilizadas polas produtoras galegas.

Pregunta. ¿En que tarefas se centra a actividade do Consorcio Audiovisual de Galicia?

Resposta. Fundamentalmente dedicámonos á promoción do produto audiovisual galego, a realizar actividades de formación non reglada dentro do sector e a procurar fórmulas de coprodución con outras autonomías ou con países extranseiros.

P. ¿Pódese decir que o cine galego atraviesa un bó momento?. ¿Cales son os perigos que afronta no futuro inmediato?

Más información
A encrucillada do audiovisual

R. Creo que nos atopamos nunha crise de crecemento. Temos feito o que tiñamos que facer, pero agora é o momento de consolidar o cine en Galicia porque senón existe o risco de sofrir un retroceso. A situación é boa pero delicada ó mesmo tempo. Non perdo o tempo en definir o que é cine galego. O que temos que facilitar é que se fagan produtos audiovisuais en, para e con Galicia. Non hai que poñer portas ó cine, o importante é que os nosos profesionais poidan traballar.

P. Nos últimos anos están a funcionar as fórmulas das coproducións que en moitas ocasións contan cun capital galego minoritario. ¿É necesario profundizar nesta vía ou hai que procurar fórmulas para que as productoras galegas teñan máis capacidade financiera?

R. O cine desde Galicia só se pode facer mediante coproducións. Existen fórmulas moi diversas e estou dacordo en que as empresas audiovisuais galegas necesitan máis músculo financiero para que a súa participación nos proxectos sexa maior. É un problema que tamén se dá no resto do Estado. Aquí ten moito que ver o papel que van xogar no futuro as televisións privadas na coprodución e tamén que a futura lei do cine estableza maiores deduccións fiscais para as empresas privadas que invistan no cine. Hai que apostar por estas vías porque senón só se poderán realizar proxectos que teñan asegurado un gran éxito de taquilla. Tampouco deben poñerse portas á coprodución porque entón faríamos menos películas e se verían menos fóra de Galicia.

P. ¿Non é excesiva a dependencia que ten o sector audiovisual da Televisión de Galicia?

R. Unha das funcións da TVG é a de ser o motor do sector audiovisual, e está a cumprila. Outra cousa é que se apoie indiscriminadamente calqueira tipo de proxecto. Eu creo que a TVG debe ter autonomía para decidir en que proxectos vai apoiar co obxectivo de recuperar o diñeiro que invista. Tamén creo que debe comprar os dereitos de emisión dos produtos feitos coa participación de produtoras galegas.

P.¿Cre necesaria á creación dun novo organismo no sector, a Axencia Audiovisual Galega?

R. Neste momento está vixente unha lei do audiovisual aprobada por todas as forzas políticas no ano 1999 que recolle ó Consorcio coma único organismo do sector audiovisual. Nel están integrados todos os departamentos da Administración autonómica e local que teñen que ver con sector audiovisual, incluídas as consellerías de Industria e Cultura. O noso modelo está a ser imitado por outras comunidades autónomas. Creo que en Galicia non terían que existir máis organismos desde o punto de vista institucional.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_