_
_
_
_
Reportaje:DETRÁS DA PANTALLA | LUCES

A encrucillada do audiovisual

A cinematografía afronta un período de cambios, mentres segue medrando o número de producións

Calquera observador independente que bote unha ollada as cifras do cine galego no último ano se preguntará que é o que ten sucedido para que a produción de longametraxes de ficción, animación, interactivos, curtametraxes e documentais se duplicase en tan so doce meses. En 2006 producíronse un total de 162 títulos fronte ós 85 rexistrados no ano anterior e para este ano as previsións tamén son optimistas xa que, por exemplo, no terreo das longametraxes está prevista a realización de 19 títulos fronte ós 12 que se rexistraron o ano pasado. Aínda que estes datos semellan convidar ó optimismo, o certo é que entre os profesionais do cine galego se está a consolidar a impresión de que chegou o momento de procurar solucións ós problemas, sobre todo financeiros, que vive o sector porque xa non estamos a falar dos intereses dun pequeno grupo de empresas e traballadores coma ocorría hai algúns anos. O certo é que o cine e o sector audiovisual convertéronse nun dos motores da nova economía en Galicia, con cifras que comezan a ser importantes. Segundo datos do Cluster Audiovisual de Galicia, as empresas que forman parte desta asociación facturaron en 2004 preto dos 200 millóns de euros e deron emprego a máis de 1.500 persoas.

O optimismo das cifras contrasta con algúns síntomas preocupantes que están a agromar
O Consorcio Audiovisual fai unha aposta pola procura de novos mercados
Más información
"O cine desde aquí só se pode facer con coproduccións"
"Apostamos por un cine con ollada propia"

O optimismo das cifras contrasta con algúns síntomas preocupantes que están a agromar. No que vai de 2007 non se realizou ninguna rodaxe de longametraxes en Galicia fronte ó bó número de produccións que se fixeron o ano pasado. As causas desta seca poden estar no retraso na convocatoria de subvencións para o sector deste ano e a incerteza que representa a reestructuración económica que se está a producir en Televisión Española, unha das fontes de financiación máis importantes do cine español e galego. Sen embargo, no vindeiro mes de maio asistiremos á estrea comercial de tres importantes longametraxes realizadas o ano pasado: Abrígate, con participación de produtora Continental, Hotel Tívoli, coproducida por Filmanova, e El niño de barro, na que está presente Adivina Producciones.

Outro factor preocupante é que algunhas producións que contan con presupostos e subvencións dunha contía importante, apenas acadan repercusión social debido ó seu escaso éxito nas salas de exhibición. Fronte ó éxito de público que tiveron o ano pasado producións con participación galega coma Un franco, 14 pesetas ou Pérez, el ratoncito de tus sueños, ambas as dúas con cifras que se aproximan ós 300.000 espectadores en España, hai que citar casos de películas que non chegaron ós 10.000 espectadores nas sás, coma Galatasaray-Depor ou Siempre Habana. Tamén está na mente de moitos o sucedido con Los muertos van deprisa, primeira longametraxe de ficción que ía producir a compañía Dygra. O seu director, Angel de la Cruz, aínda está a procurar fondos para a película trala interrupción da rodaxe o pasado ano pola falta de fondos por parte de Dygra, unha produtora especializada na animación.

Pancho Casal, un dos produtores con máis experiencia de Galicia ó fronte da produtora Continental, estima que nos atopamos nun momento de inflexión no que será fundamental o papel que vaia xogar a Televisión de Galicia nos vindeiros anos. "Creo que a TVG está a consolidar a súa programación e os seus níveis de audiencia e agora é necesario que poida contar con máis presuposto para apoiar a producción audiovisual en Galicia", sinala Casal, que advirte que bota en falta un "pulo estratéxico" ó sector para evitar un fenómeno que comeza a ser habitual, a fuxida de profesionais de Galicia cara a lugares onde existen máis posibilidades de traballar. "Nós, por exemplo, só temos un 15% da nosa cota de negocio en Galicia", engade.

Casal tamén considera necesario tomar medidas ante o cambio "radical" que vai sofrir o panorama audiovisual. "En dous anos imos asistir a fenómenos coma a proliferación das descargas de contidos por Internet, mentres que formatos coma a televisión de pago teñen un futuro incerto. Nós xa estamos preparados para estar no mercado con esas novas fórmulas", apunta. No que se refire á financiación, o produtor coruñés tamén considera fundamental que se establezan maiores porcentaxes de desgravación fiscal para as empresas que apoien o audiovisual. No caso de Galicia, Casal destaca a implicación das dúas caixas galegas na financiación de proxectos cinematográficos: "Teñen una actitude positiva cara ó sector e, ademáis, coñéceno en profundidade".

O responsable último dalgunhas das películas máis significativas no cine galego dos últimos anos considera que, ó contrario do que sucedeu hai dez anos, cando a Administración e os produtores puxeron as bases para a construcción dun sector audiovisual galego,

agora hai persoas implicadas nel que non cren posible que se consolide unha industria en Galicia.

Sobre o feito de que algunhas peliculas que contan con cuantiosas subvencións públicas non cheguen nin siquera a estrearse comercialmente, Casal non cre que ninguén se teña "forrado" con esas axudas, pero sí considera necesario que a concesión das mesmas se faga a quen teña posibilidades "reais" de sacar un proxecto adiante. "O volume de axudas que se concede en Galicia é moi importante, pero resulta necesaria unha maior coordenación porque agora hai varios organismos que controlan as axudas. A TVG debería ser a que estivese ó fronte desas axudas aínda que necesita máis presuposto para elas", sinala o produtor.

Trala chegada ó poder do Goberno bipartito na Xunta, as competencias no campo audiovisual quedaron partilladas entre a Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Comunicación, mentres que co Executivo anterior todas as competencias estaban no departamento que entón dirixía Xesús Pérez Varela. Esta separación está a orixinar algúns problemas, aínda que o Consorcio Audivovisual de Galicia e a Axencia Galega do Audiovisual actúan sobre campos ben diferentes. O primerio adícase fundamentalmente á promoción dos produtos audiovisuais galegos, mentras que a segunda centra a súa actividade na organización do sistema de subvencións públicas e na interlocución da Consellería de Cultura co sector. Sen embargo, ambos os dous organismos teñen perspectivas diferentes sobre o camiño a seguir polo audiovisual galego nos vindeiros anos.

O Consorcio fai unha aposta por afondar na procura de novos mercados para o cine galego e nas fórmulas de coprodución coma as vías máis axeitadas para que os productos audiovisuais galegos gañen presenza internacional e acaden máis posibilidades de financiación, aínda que a participación das empresas galegas no capital destas producións non sexa maioritaria. Un exemplo desta fórmula podería ser o que sucedeu con Mar adentro, unha película cunha pequena participación do capital galego pero que deu traballo e notoriedade internacional a varios actores galegos e ós escenarios naturais de Galicia nos que se rodou a película.

Pola súa banda, a Axencia Galega do Audiovisual aposta por un modelo que concede menos importancia ó aspecto industrial e da máis relevancia á necesidade de apoiar proxectos que teñan máis clara o súa identificación con Galicia. O director da Axencia, Manuel González, insiste en que non se trata de "comprobar o ADN" das persoas implicadas nas iniciativas con axudas da Xunta, pero sí de promover que a maioría dos xefes de equipo implicados nun proxecto audiovisual subvencionado sexan galegos xa que. segundo indica González, ata o de agora é moi frecuente que a maioría dos xefes de producións que contan con axudas autonómicas sexan de fóra de Galicia.

Aínda que as filosofías semellan opostas, pódense atopar puntos de encontro. Quizáis esta sexa a fórmula máis axeitada para unir esforzos e atopar conxuntamente os camiños que poden levar a consolidar a fortaleza da industria audiovisual galega, que agarda a que os poderes públicos se poñan dacordo para contar con instrumentos financeiros que faciliten ós creadores galegos a súa chegada ó mercado. A canteira de cineastas existe, como o demostra o feito de que en 2006 bateuse a marca de curtametraxes realizadas en Galicia con máis de 100 títulos.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_