O 'indie' galego, camiño de Benicàssim
Boa posición para catro grupos do país no concurso de música alternativa con máis sona
"Este é un concurso do mellor que hai en España e só estar nas semifinais supón unha grande promoción. Xa é a terceira chamada dun medio de comunicación que recibo hoxe", explica con satisfacción Óscar Tercero, membro do grupo Austria. Esta banda pontevedresa é unha das catro formacións galegas que estarán nas semifinais do Proyecto Demo, dependente do Festival Internacional de Benicàssim (FIB), sen dúbida, o concurso español de música indie con maior repercusión mediática. Ademáis de Austria, a estas semifinais tamén chegaron os vigueses Murmura e as bandas Deuteronistas e Los Suízos, ambos os dous proxectos ligados a Jesús Andrés, un vigués afincado en Foz.
Estas catro formacións galegas, que se moven entre o pop e a música electrónica, forman parte dunha selección de 30 grupos, que soarán ó longo de todo o mes en Radio 3, e de onde sairán tres finalistas para buscar un vencedor o vindeiro 29 de marzo. Este concurso serviu de plataforma para grupos como El Columpio Asesino, Standard ou os tamén galegos Triángulo de Amor Bizarro, que prometen ser unha das revelacións musicais do ano.
"Este ano concursaron arredor de 350 grupos, e só estar entre a trintena de finalistas supón un gran reclamo para discográficas e medios de comunicación", explica Ernesto González, xefe de prensa do FIB, un dos festivais de música máis importantes do mundo. Entre os mais de tres centenares de grupos que se presentaron, había inscritos arredor dunha trintena de grupos galegos, todos sen discos publicados, procedentes das grandes cidades o de lugares tan dispares como Ponteareas, Carballo, Foz ou Cedeira.
O grupo Austria, formado por Óscar Tercero e Pedro Berbel, músicos que tocaron en diversas formacións como Killer Barbies, xa sabe o que supón esta experiencia: é a segunda vez consecutiva que acadan as semifinais. "Somos vellos raposos e temos paciencia, aínda que este sexa un proxecto fresco e novo", bromea Tercero. "O obxectivo é buscar un selo discográfico", engade, "e fuxir da autopromoción, unha fórmula pouco eficaz; estar seleccionados dúas veces entre arredor dun milleiro de grupos dedería valer para algo, pero nunca se sabe".
Tamén veteranos neste concurso son Deutoronistas, un grupo con base en Foz, que fai "música tirando a escura, entre o rock gótico e a electrónica", segundo o seu líder, Jesús Andrés. Ligado a varias formacións, é a cuarta ocasión que acada estas semifinais, e por iso se mostra un tanto escéptico: "Se xorde a oportunidade de pasar á final estaría ben, pero senón non pasa nada, xa sabemos que o Demo é algo exclusivista e tira por un tipo de música máis indie". Polo que poida pasar, este músico vigués está tamén noutra formación semifinalista, Los Suízos, máis pop, que comparte con Nacho Suízo, un madrileño que bota temporadas en Bueu, e Patricia Argüelles, viguesa que toca en Trem Fantasma, e ultimamente foi reclutada para directos con Matt Elliott.
Dos catro grupos galegos que chegaron ás semifinais do Proyecto Demo, Murmura é a formación máis recente. Traballan xuntos desde hai dous anos, pero o grupo actual ten arredor de seis meses. "Estamos encantados de chegar ata aquí, pero xa que estamos, agora aspiramos ó máximo", explica Bruno Bonamis, membro do grupo e profesor do Conservatorio de Ourense. Mentres soan as guitarras dos seus alumnos de fondo, Bonamis recoñece que "isto está a ser unha promoción inesperada para o grupo". E moita máis promoción será se logran pasar á final e acada-lo gran obxectivo: chamar a atención dunha discográfica e tocar en xullo no Festival de Benicàsssim.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.