"Os arquitectos son como estrelas de rock"
Teresa Táboas vencella o futuro á recuperación da función social da arquitectura
"Vencellada como está a gran arquitectura simbólica ás grandes multinacionais, é normal que se esvaeza a referencia ao lugar", resume Teresa Táboas (Cidade de México, 1961). A conselleira de Vivenda, primeira presidenta da comisión de vivenda do Consello de Arquitectos de Europa, considerando a atribución de xénero, explica as excepcións. "A finais dos 70 aparecen Portela [que lle dirixiu a tese El color en la arquitectura, publicada en Ediciós do Castro] e Gallego, referentes dunha arquitectura galega arraizada no país. Iso respondía a un movemento internacional, como sempre".
Sobre as distancias da actualidade, fala da arquitectura espectacular. "Está en mans de Nouvel, Gehry, Foster, Calatrava... Callou na sociedade e agora os arquitectos son coma as estrelas do rock, pero tamén os hai que constrúen a outra escala". Táboas cita aquí ao australiano Glenn Murcutt (Premio Pritzker en 2002), que rexeita grandes obras e pode empregar ata cinco anos en proxectar unha vivenda -entrevistándose cos futuros usuarios-, para constrastar as consecuencias do que se chamou efecto Guggenheim.
A outra obra de Táboas, Emigración e arquitectura. Os brasileiros, abre o fío do urbanismo. "Os proxectos dos emigrados a Suíza ou Alemaña, na segunda metade do século, facíanse aquí con licenzas de aquí. Un país non se desfai por vontades individuais... A riqueza que aportaron os primeiros emigrados a Cuba e Brasil na primeira metade do século, con materiais galegos, está clara. As casas de cubanos da Mariña lucense, as dos brasileiros en Pontecaldelas ou Fornelos de Montes -alí á xente emigrou a Salvador de Baía-, onde os emigrados trouxeron a arquitectura portuguesa de alén mar, son un exemplo magnífico". Táboas escribiu o libro para propiciar ese debate. Desde o Colexio de Arquitectos de Galicia -pasou de presidir o de Pontevedra ao decanato do galego en 2004- apoiou tamén o Proxecto Terra, coordinado polo arquitecto Xosé Manuel Rosales, que se aplica nos institutos de secundaria a través da materia Coñecemento do Medio. "Xa os escolásticos dicían que non se pode querer o que se descoñece", sinala, e fala dun "proxecto de futuro".
Nesa proxección centra a recuperación da "función social" da arquitectura e o urbanismo. "As nosas respostas arquitectónicas deben revalorizar o noso territorio como identidade cultural. De como lle deamos resposta aos espazos privados, propiciando espazos de convivencia de calidade, dependerá ese futuro".
A aposta da consellería pola vivenda protexida -agora as parcelas véndense a prezo fixo, primándose a calidade do proxecto desde un punto de vista social e estético- é unha mostra. No que atinxe á división de competencias entre Vivenda e Política Territorial, froito dos acordos do pacto de Goberno, Táboas di que non hai problemas. "Ata o momento hai unha coordinación total", asegura.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.