_
_
_
_
Entrevista:David Pintor | Debuxante | LUCES

"En Galicia existe dende hai anos un panorama de ilustradores potente"

O debuxante David Pintor (A Coruña, 1975) vén de se mudar a vivir a Madrid. Apenas chegado á capital castelá, hai unha semana, recibiu a noticia de que era un dos 80 seleccionados para a mostra de ilustradores da Feira do Libro Infantil de Bolonia. "Entrei con bo pé na miña nova cidade de residencia", oufánese Pintor. David Pintor é o único debuxante español escollido pola organización da exposición do certame boloñés.

"En total, presentáronse para participar na mostra arredor de 2.500 ilustradores de todo o mundo", explica Pintor, "entre eles 65 españois". Mais o único seleccionada español foi David Pintor. "En Galicia existe un panorama de ilustradores moi potente, de feito, eu son o segundo galego que expón na feira de Bolonia", di. Antes, o lucense Xan López Domínguez publicara unha achega da súa obra gráfica no catálogo da mostra boloñesa no ano 1990. "Xan foi o pioneiro entre nós", declara David Pintor, "unha caste de pai dos ilustradores galegos".

A mostra de debuxantes que convoca a edición número 44 da Feira do Libro Infantil de Bolonia edita unha publicación oficial con todos os participantes. A exposición desprázase logo ao Xapón. O evento boloñés resulta, a dicir dos expertos, o máis importante do mundo no referente a literatura infantil. Editores, axentes literarios, ou produtores cinematográficos xúntanse na cidade italiana cada ano arredor da escrita específica para cativos.

David Pintor asegura que en Galicia viven e traballan "valores fortes da ilustración de libros infantís" dende hai anos. "Non se trata unicamente de que haxa bos debuxantes galegos que publiquen nas editoriais galegas", afirma, "senón que agora mesmo transcenden ás editoras de ámbito Estado". Con todo, a face máis coñecida da labor de David Pintor atópase no seu traballo de humorista político. En colaboración co guionista Carlos López e so o pseudónimo Pinto & Chinto, Pintor leva unha ducia de tempadas presente en prensa diaria de toda España. "O traballo xornalístico apaixóname", sinala, "estar aí cada día".

Artista plástico de múltiples ángulos, David Pintor revélase como un entusiasta defensor da caricatura. "A caricatura non está ben valorada", afirma, "en primeiro lugar polos políticos". "Pero", continúa, "grandes pintores de todos as épocas practicaron a caricatura, comezando por Pablo Picasso ou Bernini; pódese facer arte coa caricatura". Pintor iniciouse nos pinceis realizando retratos que descobren "a semellanza na deformidade", segundo indica a cita do propio Bernini.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_